Karel Kramář, nado en Hochstadt o 27 de decembro de 1860 e finado en Praga o 26 de maio de 1937, foi un político checo, primeiro xefe de goberno da República Checoslovaca nacida da desintegración do Imperio Austrohúngaro.
Traxectoria Naceu en Hochstadt,Localidade denominada na actualidade Vysoké nad Jizerou. Bohemia, o 27 de decembro de 1860. Os mandos militares austrohúngaros detivérono sen autoridade para iso o 21 de maio de 1915, acusándoo de alta traizón por manter contactos co cónsul italiano en Praga, sen concertar a acción coas autoridades civís. Kramář era daquela deputado do Consello Imperial e amigo do primeiro ministro cisleitano Karl von Stürgkh, e a manobra dos militares foi tanto un ataque contra este como un intento de castigo exemplarizante contra os nacionalistas checos, de cuxa lealdade ao emperador dubidaban os altos mandos.
Diversas personalidades políticas ilustres declararon en favor de Kramář no xuízo, que concluíu en xuño de 1916 coa súa condena a morte polos xuíces militares. Foi un dos milleiros de beneficiarios da amnistía aos presos políticos proclamada polo novo emperador Carlos o 2 de xullo de 1917.
Case ao final da contenda, o 13 de xullo de 1918, foi nomeado presidente do novo Consello Nacional Checo, plasmación da ruptura entre os checos, cuxos partidos ingresaron nel segundo os seus resultados electorais de 1911, e a Coroa. O Consello Nacional tiña por meta asumir o poder cando se proclamase o novo Estado checoslovaco.
Foi xefe de goberno da Primeira República Checoslovaca entre o 14 de novembro de 1918 e o 8 de xullo de 1919. Faleceu o 26 de maio de 1937 en Praga.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Políticos de Checoslovaquia