Vicente Colino Hierro, nado en Vigo o 21 de febreiro de 1924, e finado en Barcelona o 2 de xuño de 2005, foi un futbolista galego das décadas de 1940 e 1950, formado no fútbol en Cataluña.

Traxectoria Malia nacer en Galicia, a súa carreira profesional desenvolveuse integramente en Cataluña, comezando xogando no CE Júpiter, e posteriormente pasando ao SD Espanya Industrial. En febreiro de 1946 fichou polo FC Barcelona, onde xogou durante dúas tempadas e media. Co Barcelona xogou 52 partidos nos que marcou 7 goles, gañando a liga na tempada 1947-48. En 1948 incorporouse ao CE Sabadell, onde xogou durante tres tempadas na División de Prata. En 1951 fichou polo RCD Espanyol, onde permaneceu dúas tempadas. A primeira tempada xogou 18 partidos de liga e dous de copa, pero a segunda tempada só xogou 4 partidos de liga co club. Na tempada 1953-54 foi cedido ao CE Sabadell. En 1948 xogou un partido cun equipo barcelonés (que se pode considerar un equipo catalán non oficial).

Palmarés Liga Española: 1947-48 Copa Eva Duarte : 1947-48

Notas

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do CE Júpiter Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Finados en 2005