miniatura|Rabaño de bisontes americanos no Genesee Park. En zoloxía, a socialidade é o grao no que os individuos dunha poboación animal tenden a asociarse en grupos sociais e forman sociedades coperativas. Os animais que teñen ese desexo ou inclinación dise que presentan un certo grao de comportamento gregario, e os que o presentan máis acusadamente denomínanse animais sociais.

A socialidade é unha resposta de supervivencia a presións evolutivas. Por exemplo, cando unha avespa nai permanece preto das súas larvas no niño, é menos probable que os parasitos coman as larvas. Os biólogos sospeitan que as presións exercidas polos parasitos e outros predadores seleccionaron este comportamento nas avespas da familia Vespidae.

Este comportamento das avespas demostra a característica máis fundamental da socialidade animal: o investimento parental. O investimento parental é calquera gasto de recursos (tempo, enerxía, capital social) que beneficie á propia descendencia. O investimento parental resta capacidade parental de investir na reprodución futura e axudar aos seus parentes (incluíndo a descendencia doutros). Unha animal que coida as súas crías pero non mostra ningunha outra carcterística de socialidade dise que é subsocial.

Un animal que mostra un alto grao de socialidade dise que é un animal social. O maior grao de socialidade recoñecido polos sociobólogos é a eusocialidade. Un taxon eusocial presenta solapamento de xeracións adultas, división do traballo reprodutivo, coidados cooperativos das cías, e, nos casos máis refinados, un sistema de castas biolóxicas.

Unha característica dos animais sociais é o alto grao relativo de habilidade cognitiva. Os animais sociais predadores como as hienas manchadas e os leóns viuse que son mellores que os predadores non sociais, como os leopardos e tigres, na resolución de problemas que requiren o uso de innovación.

Presocialidade Os animais solitarios, como o xaguar, non se asocian excepto para realizar o cortexo e o apareamento. Se un taxon animal mostra un grao de socialidade á parte do cortexo e apareamento, pero carece de calquera das características da eusocialidade, dise que é presocial. Aínda que as especies presociais son moito máis comúns que as especies eusociais, as especies eusociais teñen poboacións desproporcionadamente grandes.

O entomólogo Charles D. Michener publicou un sistema de clasificación da presocialidade en 1969, baseándose nun traballo anterior de Suzanne Batra (quen acuñou os termos eusocial e casesocial en 1966). Michener usou estes termos no seu estudo das abellas, pero tamén viron a necesidade de clasificacións adicionais: subsocial, comunal e semisocial. No uso destes termos, el non os xeneralizou máis alá dos insectos. E. O. Wilson refinou posteriormente a definición de Batra de casesocial. A entrada está ligada ás entradas de cada un dos outros termos, como Subsocial, Quasisocial etc.

Subsocialidade A subsocialidade é común no reino animal. Nos taxons subsociais, os proxenitores coidan as crías durante un certo período de tempo. Mesmo no caso en que o período de coidados é moi curto, o animal segue describíndose como subsocial. Se os animais adultos se asocian con outros adultos, non se lles chama subsociais, senón que se utiliza algunha outra clasificación de acordo cos seus comportmentos sociais. Se ocasionalmente se asocian ou nidifican xunto con outros adultos e ese é o maior comportamento social do taxon, entón os membros desa pobaoción denomínanse solitarios pero sociais. Wilson (1971), Choe & Crespi (1997)Choe, J.C. & B.J. Crespi. 1997. [Eds.] The evolution of Social Behavior in Insects and Arachnids. Cambridge: Cambridge University Press. e Costa (2006)Costa JT. 2006. The other insect societies. Belknap: Harvard University Press. examinaron a subsocialidade.

A subsocialidade está amplamente distribuída entre os insectos alados, e evolucionou independentemente moitas veces. Os grupos de insectos que conteñen polo menos algunhas especies subsociais denomínanse en letra negra cursiva na seguinte árbore filoxenética dos Neoptera (nótese que moitos grupos non subsociais foron omitidos):Kluge 2005, Kluge 2010, Kluge 2012

Solitarios pero sociais miniatura|O lémure rato (Microcebus) é un lémure nocturno, solitario pero social nativo de Madagascar.

Os animais solitarios pero sociais buscan alimento por separado, pero algúns individuos dormen no mesmo lugar ou comparten os niños. As áreas de vida das femias adoitan solaparse, mentres que as dos machos non. Os machos xeralmente non se asocian con outros machos, e os descendentes dos machos son normalmente expulsados na madureza. Porén, é o contrario nos casuarios, por exemplo. Entre os primates, esta forma de organización social é máis común nas especies nocturnas de estrepsirrinos e tarseiros. Entre as especies solitarias pero sociais están os lémures rato, loris e orangutáns.

Algúns individuos de especies de cetáceos adoptan un comportamento solitario pero social, é dicir, viven apartados da súa propia especie pero interaccionan cos humanos. Este comportamento foi observado en especies como os golfiños Tursiops (arroaces), Delphinus delphis (golfiño común), Stenella coeruleoalba (golfiño riscado), as belugas, o caldeirón cinsento, e as candorcas. Individuos notables que se fixeron famosos foron Pelorus Jack (1888–1912), Tião (1994–1995) e Fungie (1983–2020). Rexistráronse polo menos 32 golfiños solitarios pero sociables entre 2008 e 2019.

Parasocialidade

Os sociobiólogos sitúan os animais comunais, casesociais e semisociais nunha metaclase: a parasocial. As dúas cousas en común dos taxons parasociais son presentaren investimento parental, e a socialización nunha soa morada cooperativa.

Os grupos comunal, casesocial e semisocial difiren de varias maneiras. Nun grupo comunal, os adultos cohabitan nun só sitio de nidificación, pero coidan as súas propias crías. Os animais casesociais cohabitan, mais tamén comparten as responsabilidades da crianza. (Isto foi observado nalgúns Hymenoptera e taxons de arañas, así como nalgúns outros invertebrados.) Unha poboación semisocial ten as características das poboacións comunais e casesociais, pero tamén ten un sistema de castas biolóxicas que delegan os labores dependendo de se o individuo é capaz de reproducirse ou non.

Despois da parasocialidade o seguinte nivel é a eusocialidade. As sociedades de insectos eusociais teñen todas as características dos semisociais, excepto que as xeracións solapadas de adultos cohabitan e comparten os coidados da descendencia. Isto significa que máis dunha xeración adulta está viva ao mesmo tempo e que as xeracións máis vellas tamén coidan da nova descendencia.

Eusocialidade

miniatura|As abellas do mel xigantes Apis dorsata` cubrindo totalmente o panal da súa colmea.

As sociedades eusocias teñen xeracións adultas solapadas, coidado coopertivo da descendencia e división dos labores reprodutores. Cando os organismos dunha especie nacen cunhas características físicas específicas dunha casta que nunca cambian ao longo das súas vidas, isto é un exemplo do maior grao coñecido de socialidade. A eusocialidade evolucionou en varias ordes de insectos. Exemplos comúns de eusocialidade encóntranse nos Hymenoptera (formigas, abellas, sínfitos, e avespas) e Blattodea (infraorde Isoptera, térmites), pero algúns Coleoptera (como o escaravello Austroplatypus incompertus), Hemiptera (como Pemphigus spyrothecae), e Thysanoptera (trips) describense tamén como eusociais. As especies eusociais que non cumpren este criterio de diferenciación en castas dise que son primitivamente eusociais.

Dous posibles exemplos de mamíferos primitivamente eusociais son a rata toupa espida e a rata toupa damarense (Heterocephalus glaber e Fukomys damarensis, respectivamente). Ambas especies son diploides e moi endogámicas, e axudan a criar os seus irmáns e parentes, todos os cales neceron dun só individuo raíña reprodutor; normalmente viven en ambientes duros ou limitantes. Un estudo realizado por O'Riain e Faulkes en 2008 suxire que, debido á evitación da endogamia que realizan regularmente, as ratas toupa ás veces aparéanse exogamicamente e establecen novas colonias cando os recursos son suficientes.

A eusocialidade orixinouse nalgúns crustáceos que viven en grupos nunha área restrinxida. Synalpheus regalis é unha gamba alfeida que realiza unha defensa de fortaleza. Viven en grupos de individuos moi emparentados, entre arrecifes e esponxas. Cada grupo ten unha femia reprodutora que é protexida por un gran número de machos defensores que están armados con potentes pinzas agrandadas. Como nas sociedades eusociais, hai un só espazo vital compartido para os membros da colonia, e os membros non reprodutores actúan para defendelo.

Segue debaténdose se unha especie debe necesariamente ter unha casta irreversiblemente estéril para ser considerada "eusocial". Nesa definición máis estrita, os dous mamíferos mencionados arriba e os seres humanos non serían considerados eusociais.

Eusocialidade humana

E. O. Wilson e Bert Hölldobler afirmaron polemicamente en 2005 que os humanos mostran suficiente socialidade como para ser considerados unha especie eusocial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Colectivismo e individualismo Xerarquía de dominancia Cohesión de grupo Selección de grupo Individualismo Interdependencia Instinto de nidificación Comportamento prosocial Altruísmo recíproco Comportamento social Estigmerxia

Categoría:Ecoloxía do comportamento Categoría:Etoloxía Categoría:Sociobioloxía