Peter Woodhead, nado en Eastbourne, East Sussex, o 29 de xaneiro de 1929 e finado en Daglingworth, Gloucestershire, o 29 de outubro de 2015, foi un numismático inglés."Woodhead, Peter". British Numismatic Society (Britnumsoc.org).
Traxectoria
Primeiros anos e formación Peter Woodhead nado en Eastbourne en 1929, pasou os seus primeiros anos no contexto da Gran Depresión e a súa adolescencia durante a segunda guerra mundial, dun xeito ademais case itinerante por mor do traballo do seu pai, experto en comunicacións sen fíos, o que provocou que a súa educación sufrise sucesivas interrupcións. Isto non impediu, no entanto, que se formase no ámbito da electrónica.Eaglen, R. (2016). Páxina 287.
Traxectoria profesional Con tan só 16 anos, comezou a traballar no departamento de investigación da compañía de electrónica A.C. Cossor en 1945. Coa paréntese dun ano que pasou en Suráfrica coa súa familia, retornou á compañía como enxeñeiro residente do iate que esta desenvolveu experimentalmente, o que lle permitiu facer numerosas viaxes. A súa chamada a filas en 1953 supuxo unha nova pausa no seu traballo en A. C. Cossor, á que se reincorporou logo da desmobilización.
En 1962 abandonou esa compañía para se integrar en Elliot Automation, na que tamén tivo a oportunidade de viaxar por varios países europeos, e en 1976 foi nomeado director xeral da compañía Scotts, con sede en Londres, na que se xubilou aos 55 anos.
Dedicación á numismática Co seu retiro da vida activa, North dedicouse de cheo ao estudo da numismática, unha disciplina que xa lle viña interesando desde décadas atrás. Nese momento abandonou Londres e instalouse na casa dos seus pais en Goring by-Sea, preto de Shoreham, onde residía o seu amigo Jeffrey James North, tamén afeccionado á numismática.
En 1952 ingresou na British Numismatic Society (BNS), onde recibiu a orientación de numismáticos como Christopher Blunt, e tamén participou en faladoiros nos que, entre outros, coñeceu a Ian Stewart, Lord Stewartby. Inicialmente centrou o seu interese nas primeiras emisións de prata da Inglaterra medieval, sobre as que versaron os seus primeiros artigos na revista da BNS, o British Numismatic Journal. En 1976 foi elixido presidente da British Numismatic Society, un posto que desempeñou ata 1980."History: Presidents of the Society". British Numismatic Society (Britnumsoc.org).
Entre outras entidades e sociedades eruditas, Woodhead tamén pertenceu á Société Française de Numismatique, de París, e en 1977 foi elixido membro da Sociedade de Anticuarios de Londres, unha entidade que en 1999 o nomeou membro de honra.
Os seus amplos coñecementos posibilitáronlle actuar como consultor e catalogador para varias casas de poxas numismáticas.Eaglen, R. (2016). Páxina 288. Vida persoal Peter Woodhead mantívose solteiro toda a súa vida. En 1990, trasladouse de Goring by-Sea a Daglingworth, en Gloucestershire, onde pasou a súa derradeira etapa, na casa señorial Tarry Cottage. Alí faleceu de xeito repentino o 29 de outubro de 2015, aos 96 anos, e no seu cemiterio parroquial foron soterradas as súas cinsas..
Recoñecementos
2005: Medalla Sanford Saltus, da British numismatic Society."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
Publicacións Estas son algunhas das publicacións de Peter Woodhead máis salientables:Thompson, R. (2016). "Publications of Peter Woodhead". En British Numismatic Journal. 86. British Numismatic Society. Páxinas 288-289.
Monografías (1996-2011). The Herbert Schneider Collection. Sylloge of Coins of the British Isles. Spink & Son, Londres. (1996). Part 1: English Gold Coins and Their Imitations 1257-1603. Vol. 47. ISBN 9780907605669 (2002). Part 2: English Gold Coins, 1603 to the 20th Century. Vol. 57. ISBN 9781902040431 (2011). Part 3: Anglo-Gallic, Flemish and Brabantine Gold Coins, 1330-1794. Vol. 61. ISBN 9781907427008
Escolma de artigos (1966). “The Renfrew treasure trove, 1963'''” (con Ian Stewart). En British Numismatic Journal. Vol. 35. Páxinas 128-147. (1970). “Two finds of Edward pennies: Caernarvon (1911) and Grittleton (1903?)”. En British Numismatic Journal. Vol. 39. Páxinas 78-83. (1988). “The fourteenth-century Aberdour treasure trove (1978 and 1981)”. En British Numismatic Journal. Vol. 58. Páxinas 69-83. (1996). “A Medieval Sicilian Group” (con A. Wilson). En The Numismatic Chronicle. Vol. 156. Páxinas 306-312. (2003). “Late medieval coinage (1279-1485)”. En British Numismatic Journal. Vol. 73. Páxinas 89-97.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Eaglen, R. (2016). "Peter Woodhead (1929-2015)". En British Numismatic Journal''. 86. British Numismatic Society. Páxinas 287-289.
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en East Sussex Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Personalidades sen imaxes