Santo Estevo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2025 tiña 70 habitantes (35 homes e 35 mulleres).

Toponimia O topónimo Santo Estevo é un haxiotopónimo referido ao mártir Estevo, e débese á presenza no lugar dunha capela baixo devandita advocación.

Historia A parroquia de Santo Estevo de Neira, formada polos lugares de Santo Estevo, Casa da Pobra e Senra, desapareceu eclesiasticamente coa reforma parroquial da diocese de Lugo de 1890. O primeiro lugar pasou a pertencer eclesiasticamente á parroquia de Pousada, mentres que os dous últimos pasaron a ser da de Baralla.

Non obstante, aínda continúa a existir como parroquia independente a efectos estatísticos e civís, estando formada pola única localidade de Santo Estevo.

Lugares e parroquias Lugares de Santo Estevo

Parroquias de Baralla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla

Categoría:Parroquias de Baralla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo Categoría:Baralla parroquias sen imaxes