A Unión Deportiva Cobres Vilaboa é un club de fútbol galego da parroquia de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), fundado en 1974. Xoga os seus partidos como local no campo municipal do Cabalo. miniatura|Campo do Cabalo, en Santa Cristina de Cobres.

Historia A UD Cobres Vilaboa fundouse en 1974. O primeiro presidente foi Celso Baltasar Pintos. Inicialmente denominouse Sociedad Deportiva Cultural Santa Cristina, e na tempada 1976/77 adquiriu a denominación actual.

En 2024 o club celebrou o seu 50 aniversario, e organizou unha serie de actos para conmemorar a efeméride. Organizáronse xornadas de convivencia con antigos membros do club, un triangular deportivo entre o CD Moaña e a Arosa SC, publicouse un libro coa historia do club, e realizouse unha exposición con fotografías antigas da entidade. Nese mesmo ano, a Banda Escola de Música de Vilaboa e o compositor Daniel Figueira compuxeron o himno do club, "Branco e verde, as miñas cores!", en referencia ás cores do equipo.

Notas

Categoría:Vilaboa Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra