Teun Gijselhart, nado en Ámsterdam o 6 de abril de 2005, é un futbolista neerlandés que xoga como centrocampista no Al Ain dos Emiratos Árabes Unidos, cedido polo Deportivo da Coruña.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol aos seis anos na canteira do AFC. No verán de 2016 ingresou nas categorías inferiores do AZ Alkmaar, onde xogou ata mediados de 2023, cando fichou polo filial do PEC Zwolle. O 3 de marzo de 2024, debutou co primeiro equipo na Eredivisie contra o Heerenveen, categoría na que disputou dous partidos máis na seguinte campaña.

En 2025 fichou polo De Graafschap, da Eerste Divisie. Disputou un total de 39 partidos co club de Doetinchem, co que xogou sen éxito a promoción de ascenso á máxima categoría.

En xuño de 2026 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, que acababa de ascender á Primeira División. Aínda que se lle asignou unha ficha do filial, a intención do club era que fose xogador do primeiro equipo a todos os efectos. Debutou na terceira xornada da liga ante Valencia o en Riazor, substituíndo a Riki Rodríguez no treito final do partido. Con todo, a alta competencia polo seu posto fixo que o club decidise buscarlle unha cesión na busca de máis minutos. Así, o 16 de setembro anunciouse a súa cesión ao Al Ain dos Emiratos Árabes Unidos.

Notas

Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Nados en 2005 Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do De Graafschap Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Al Ain SSC