Unha máquina virtual baseada en núcleo, do inglés Kernel-based Virtual Machine (KVM) é un módulo de virtualización gratuíto e de código aberto no núcleo ou kernel de Linux que permite que o kernel funcione como un hipervisor. Incorporárase ao kernel principal de Linux na versión 2.6.20, que se lanzou o 5 de febreiro de 2007. KVM require un procesador con extensións de virtualización de hardware, como Intel VT ou AMD-V. KVM tamén se portou a outros sistemas operativos como FreeBSD e illumos en forma de módulos de kernel cargables.

KVM foi deseñado orixinalmente para procesadores x86, pero dende entón foi portado a z/Architecture, PowerPC, IA-64 e ARM. O porto IA-64 eliminouse en 2014.

KVM admite a virtualización asistida por hardware para unha ampla variedade de sistemas operativos invitados, incluíndo Berkeley Software Distribution, Solaris, Microsoft Windows, Haiku, ReactOS, Plan 9, AROS, macOS e mesmo outros sistemas Linux. Ademais, Android 2.2, GNU Hurd (Debian K16), Minix 3.1.2a, Solaris 10 U3 e Darwin 8.0.1, xunto con outros sistemas operativos e algunhas versións máis recentes destes enumerados, sábese que funcionan con certas limitacións.

Ademais, KVM ofrece soporte de paravirtualización para Linux, OpenBSD, FreeBSD, NetBSD, Plan 9 e invitados Windows mediante a API VirtIO. Isto inclúe unha tarxeta Ethernet paravirtual, un controlador de E/S de disco, un controlador de globos e unha interface gráfica VGA mediante controladores SPICE ou VMware.

Notas

Categoría:Linux Categoría:Kernels Categoría:Soporte lóxico de virtualización