Un xeógrafo ou unha xeógrafa é un científico físico, científico social ou humanista cuxa área de estudo é a xeografía, o estudo do medio natural da Terra e a sociedade humana, incluíndo como interactúan a sociedade e a natureza. O prefixo grego "geo" significa "Terra" e o sufixo grego "graphy" significa "descrición", polo que un xeógrafo é alguén que estuda a Terra.
Inda que os xeógrafos son coñecidos historicamente como persoas que fan mapas, a elaboración de mapas é en realidade campo de estudo da cartografía, un subconxunto da xeografía. Os xeógrafos non estudan só os detalles do medio natural ou da sociedade humana, senón que tamén estudan a relación recíproca entre estes dous. Por exemplo, estudan como o medio natural contribúe á sociedade humana e como a sociedade humana afecta o medio natural.
En particular, os xeógrafos físicos estudan o medio natural mentres que os xeógrafos humanos estudan a sociedade e a cultura humanas. Algúns xeógrafos son profesionais dos sistemas de información xeográfica (SIX) e adoitan traballar para axencias gobernamentais locais, estatais e federais, así como no sector privado para empresas ambientais e de enxeñaría.
Considérase que as pinturas de Johannes Vermeer tituladas O xeógrafo e O astrónomo representan a crecente influencia e o ascenso da investigación científica en Europa no momento da súa pintura en 1668-69.
Notas
Categoría:Xeógrafos