Guillermina Fernández Mandado, nada en Vigo o 17 de maio de 1940, é unha pintora galega máis coñecida como Guillermina. Pertence á renovación da arte galega a partir da década de 1970.
Traxectoria De nova estudou debuxo e pintura en The Heartley School of Fine Art, en Londres, onde seus pais a enviaron de nova. De regreso a Galicia estudou orfebrería e talla con Ángel Mareque na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Nesa época foi galardoada con diversos premios de pintura e debuxo en diferentes certames. Entre xaneiro de 1964 e novembro de 1969 estivo en Caracas facendo estudos superiores de escultura e cerámica na Escuela Nacional de Bellas Artes Cristóbal Rojas.
Tras facer a carreira de piano en Santiago de Compostela, estudou durante cinco anos no Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde construíu zanfonas e traballou na restauración de instrumentos.
Realizou numerosas exposicións individuais: Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1971; Sala de Información e Turismo, Pontevedra, 1974; Sala Toisón, Madrid, 1975; Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1976; Museo Arqueolóxico da Coruña, 1980; Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981; Caixa Galicia, A Coruña, 1983; Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, 1983; Casa da Cultura, Concello de Vigo, 1986; Banco Bilbao Vizcaya, Vigo, 1993; La Casa del libro, Vigo, 2005.
Participou tamén en exposicións colectivas: Artistas Gallegos, Concello de Monforte de Lemos, 1971; 4ª Exposición de arte ao aire libre, grupo vigués, 1971; 5ª exposición de arte al aire libre, Vigo, 1972; III Exposición de Artistas Galegos, 1972; Galería Roizara, Vigo, 1971; Colexio Oficial de Arquitectos, Vigo, 2002. A súa obra está representada en diversas coleccións.
Notas
Categoría:Nados en 1940 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Pintores de Galicia
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes