miniatura|340x340px|Retrato do rei Guillerme IV (1830-1837), por David Wilkie. A moeda británica acuñada baixo o reinado de Guillerme IV (1830-1837) abranguía denominacións desde o dobre soberano (2 libras) ata o terzo de farthing (1/2880 de libra), aínda que a primeira destas non se emitiu para circulación e a última só se cuñou para seu uso nas colonias. Toda a serie de moedas deste monarca amosa un anverso creado por William Wyon, baseado nun esbozo de Francis Chantrey, e diversos reversos deseñados tanto polo propio Wyon como por Jean Baptiste Merlen, ambos gravadores da Royal Mint.
A preparación das moedas de Guillerme IV comezou mesmo antes de se converter en rei en xuño de 1830, probablemente porque Wyon estaba ansioso por evitar unha posible competencia do seu rival na casa da moeda, Benedetto Pistrucci. A reacción de Guillerme ao ver o traballo de Wyon foi positiva e ordenou que se usase en exclusiva para todas as moedas durante o seu reinado; tamén se usou na súa medalla de coroación. Os deseños foron aprobados formalmente a principios de 1831, e a ceca real comezou a produción pouco despois, ese mesmo ano.
Ademais das emisións para o seu uso en Gran Bretaña, durante o reinado de Guillerme IV cuñáronse moedas de cobre con pequenos valores faciais para seren utilizadas nos territorios coloniais británicos. Dúas delas, o medio farthing e os tres peniques de prata, foron emitidas máis tarde tamén para a súa circulación en Gran Bretaña.
Os persoeiros: monarca e deseñadores Guillerme IV era coñecido como Guillerme, duque de Clarence, antes de acceder ao trono aos 64 anos logo do pasamento do seu irmán, Xurxo IV, en xuño de 1830."William IV (1765-1837)". BBC (bbc.co.uk). Ata a entronización de Carlos III en 2022, Guillerme foi a persoa de máis idade en se converter en monarca británico."Charles III and Britain's Oldest Ascending Monarchs". Hearst Networks UK. Sky History (history.co.uk). Tivo dez fillos ilexítimos coa actriz Dorothea Jordan, mais o seu matrimonio coa princesa Adeleida non tivo descendencia supervivente, polo que, tras a súa morte en 1837, a súa sobriña, Vitoria, foi a súa sucesora.
William Wyon ocupaba o cargo de gravador xefe da Royal Mint cando Guillerme IV accedeu ao trono. Wyon naceu en 1795 en Birmingham, nunha familia cunha longa tradición de medallistas e gravadores de moedas, entre eles o seu pai, Peter Wyon. En 1815, o seu curmán Thomas Wyon fora nomeado gravador xefe na ceca londiniense e chamara o seu sobriño William como asistente. En 1817, cando morreu Thomas Wyon, deuse un conflito interno entre William e o escultor italiano Benedetto Pistrucci sobre quen debía sucedelo, que non se resolveu ata 1828, cando William Wyon asumiu o cargo de gravador xefe e Pistrucci foi nomeado medallista xefe, ambos con salarios iguais, aínda que as desavinzas continuaron durante os anos seguintes.Linecar, H. W. A. (1977). Páxinas 102-106.
Jean Baptiste Merlen —tamén coñecido como Johann Baptist Merlen— era de orixe flamenga e traballara en medallas oficiais en París durante o Primeiro Imperio Francés. Emigrara a Gran Bretaña e fora contratado pola Royal Mint, aparentemente por recomendación de Pistrucci. "Merlen, Johann Baptist". En Forrer, L. (1909). Páxinas 38-41. A súa posición oficial era a de gravador con carácter temporal, xa que, do mesmo xeito que Pistrucci, era un estranxeiro, o que o convertía en non elixible para os postos permanentes asalariados na ceca real. Na práctica, Merlen exercía como segundo gravador, e ese posto ficou vacante ata despois da súa xubilación en 1844.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 492-493.
Preparación miniatura|Retrato de William Wyon. William Wyon comezou os seus preparativos para as novas moedas do rei Guillerme aínda antes de que morrese o seu antecesor Xurxo IV. Para o deseño do busto real dos anversos partiu dun esbozo creado anteriormente polo escultor Francis Chantrey, en abril de 1830. Estes preparativos leváronse a cabo en segredo, e Wyon asegurouse de que Xurxo IV non fose informado de que se estaban a producir, nos seus derradeiros días de vida.Jones, M. (2025). Páxina 43.
Mark Jones, na súa biografía de Wyon, suxire que tanto este como Chantrey devecían por teren o traballo listo antes de que puidese xurdir calquera competencia por parte de Pistrucci. Aos esbozos incorporóuselles unha inscrición que indicaba que non se poderían reproducir nin entregárselle a outras persoas sen o consentimento expreso de Chantrey.Jones, M. (2025). Páxina 290. Ao que Guillerme foi proclamado rei, Wyon puido continuar xa os seus traballos nas novas moedas sen ocultación, traballando a partir dun busto en baixorrelevo do monarca que Chantrey lle proporcionou. En canto estivo preparado un cuño para a moeda dunha coroa de prata, este amosóuselle ao rei, e a súa impresión foi tan boa ao velo que ordenou que se adoptase para as moedas ao seu nome e que non se empregase ningún outro retrato seu durante o seu reinado.Jones, M. (2025). Páxina 63.
Con todo, xa a finais de 1830 a opinión pública non tiña coñecemento de que se producisen avances no relativo á serie de moedas co busto do novo rei. O 15 de novembro de 1830, John Charles Herries, daquela director da Royal Mint (Master of the Mint), declarou que o atraso se debía á necesidade de gravar un retrato fiel do rei, baseado no esbozo de Chantrey, como desexaba Guillerme. Chantrey tivo que adaptar o seu retrato ao estilo empregado na casa da moeda, e Wyon despois tivo que gravar o resultado en aceiro. Naquelas datas, o rei xa aprobara os gravados, segundo Herries lle escribiu á xunta directiva da casa da moeda o 28 de outubro.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 21.
O 22 de novembro de 1830 ditouse unha orde executiva que autorizaba a nova serie de moedas, e estas puxéronse en circulación por unha proclamación con data do 13 de abril de 1831.
Pistrucci creara un modelo primitivo dunha máquina redutora, que permitía traducir os deseños de modelos de xeso a diferentes tamaños de matriz para crear os cuños, e Wyon conseguira en 1824 a disposición dunha máquina similar, o que lle permitiu a obtención imaxes idénticas para os diferentes tamaños de moedas nas novas moedas do rei Guillerme.Bennett, G. (2013). Páxina 47.
Deseños
Anversos miniatura|200x200px|No anverso da medalla de coroación de Guillerme IV, realizada por Wyon, usouse o mesmo busto que na serie de moedas.Jones, M. (2025). Páxina 294. Debido á duración relativamente curta do reinado —case sete anos—, púidose cumprir o desexo real de que o busto do monarca para os anversos das moedas non se modificasen durante todo o seu reinado.
Arredor deste busto de Wyon e Chantrey, as moedas de ouro e de prata compartían as mesmas inscricións: GULIELMUS IIII D[ei] G[ratia] BRITANNIAR[UM] REX F[idei] D[efensor] ("Guillerme IV pola graza de Deus rei dos británicos, defensor da fe"). As iniciais de Wyon, WW, atópanse nestas moedas na parte truncada do pescozo do rei, a modo de marca de gravador.
Pola súa banda, as moedas de cobre amosan no anverso a lenda GULIELMUS IIII DEI GRATIA, e a inscrición continúa nos reversos. A data amósase no exergo, baixo o busto, nesta serie de cobre, en tanto que nas de prata e ouro pasa para os reversos.
Reversos A única inscrición no reverso das moedas de ouro e nas de prata dunha coroa e de media coroa é ANNO ("ano"), seguida da data.Seaby, P. (1985). Páxina 151. A práctica anterior nalgunhas moedas de Xurxo IV, como o soberano, era a de incluír inscricións en latín que rodeaban o deseño do reverso, e a súa omisión nas novas moedas de Guillerme outorgoulle a Merlen máis espazo no que traballar.Celtel, A.; Gullbekk, S. H. (2006). Páxina 99. Outra das destacadas innovacións desta nova serie foi que o xilin e a moeda de seis peniques aparecidos en 1831 representaban por primeira vez unha moeda inglesa ou británica a expresión do seu valor nominal, algo que se repetiu con varios valores inferiores que comezaron a emitirse nos anos seguintes.Jones, M. (2025). Páxina 291.Spink & Son (2022). Páxinas 485-486.
Coa única excepción da moeda de catro peniques, os reversos das moedas de prata e de ouro foron todos obra de Merlen, en tanto que os das moedas de cobre se lle atribúen a Wyon.Jones, M. (2025). Páxinas 233-234.Linecar, H. W. A. (1977). Páxina 103. O soberano e o medio soberano representan as armas reais nun escudo,Lobel, R. ed. (1999) . Páxinas 454, 468. no que figura un escudo máis pequeno coroado coas armas do Reino de Hannover,Marsh, M. A. (2017) . Páxina 23. no que Guillerme tamén reinou.Marsh, M. A. (2017) . Páxina 27. É posible que Wyon estivese influído na elección do deseño da coroa por unha oferta dun posible benfeitor que afirmaba que lembraría a Wyon no seu testamento se a Casa da Moeda emitise en 1831 unha coroa que representase a totalidade das armas do rei. Pola súa banda, a coroa non se emitiu para circulación, senón só para coleccionistas, e tanto esta como a media coroa levan as armas reais cubertas cun manto de armiño,Seaby, P. (1985). Páxina 152. do mesmo xeito que o dobre soberano. O xilin e o seis peniques rodean a expresión do seu valor nominal cunha coroa de carballo. A moeda de catro peniques, cun deseño do reverso creado tamén por Wyon, é a única moeda de prata británica que leva a imaxe dunha Britannia sedente e,Spink & Son (2022). Páxina 482. nese aspecto, comparte a aparencia da moeda de cobre.
As moedas de tres peniques e de penique e medio teñen deseños do reverso de Merlen consistentes no valor facial rodeado por unha coroa vexetal. Nese aspecto, amosan semellanzas co deseño característico do diñeiro Maundy, tamén obra de Merlen e que non cambiaron desde o reinado anterior. Por mor desta semellanza, o penique e medio adoita considerarse no ámbito do coleccionismo como parte da moeda británica, aínda que nunca circulou alí, senón exclusivamente en territorios coloniais.
O deseño de reverso de Wyon para a moeda de cobre, que representa a Britannia, está case inalterado respecto do deseño que creara para Xurxo IV, agás unhas lixeiras modificacións no medio penique e no farthing.Peck, C. W. (1960). Páxina 400. Nel aparece Britannia con casco e sostendo un tridente. Ela leva un escudo coas cores da bandeira do Reino Unido, sobre unha rosa, un trevo e un cardo que representan respectivamente a Inglaterra, Irlanda e Escocia. A inscrición en latín cos títulos reais de William está repartida entre as dúas faces.Jones, M. (2025). Páxina 267.
Valoracións críticas O autor numismático Richard Sainthill describiu deste xeito o traballo de Wyon:Un dos amigos do rei Guillerme viu un soberano coa cabeza do rei e, ao ver o que o Museo da Royal Mint describiu como un "retrato realista" do rei, exclamou: "É el mesmo!""Gaining acceptance". Royal Mint Museum (royalmintmuseum.org.uk).
O numismático William Till comentou nun artigo de 1835: Produción Non houbo innovacións na ceca real británica no aspecto numismático durante o reinado de Guillerme IV;Zimmerman, W. (1971). Páxina 655. con todo, nese período iniciouse unha reforma da administración da entidade, que daquela estaba xestionada en beneficio privado pola Company of Moneyers. En 1830 reduciuse un terzo o soldo do director da casa da moeda, e en abril de 1837 aboliuse o financiamento automático da ceca a partir da señoriaxe e dun pagamento dos fondos públicos, pondo fin a unha situación financeira que comezara en tempos de Isaac Newton como director da Royal Mint, un século antes. A partir de entón, o financiamento da casa da moeda pasou a estar suxeito a unha votación parlamentaria anual.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxinas 393-394.
Cuñaxes para Gran Bretaña