miniatura|256x256px|Escudo da Segunda República española Dende a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931 até o fin da guerra civil o 1 de abril de 1939 houbo un total de 23 gobernos.

Alejandro Lerroux García (PRR) presidiu o Consello de Ministros en seis ocasións e Manuel Azaña Díaz (Acción Republicana e Izquierda Republicana), en catro. Diego Martínez Barrio (PRR e Unión Republicana), Joaquín Chapaprieta Torregrosa (independente) e Manuel Portela Valladares (independente e Partido do Centro Democrático) fixérono en dúas. Niceto Alcalá-Zamora y Torres (Partido Republicano Conservador), Ricardo Samper Ibáñez (PRR), Augusto Barcia Trelles (Izquierda Republicana), Santiago Casares Quiroga (Esquerda Republicana) e José Giral Pereira (Izquierda RepublicanaIzquierda Republicana), Francisco Largo Caballero (PSOE) e Juan Negrín López (PSOE) fixérono nunha ocasión.

Por partidos políticos, o Partido Republicano Radical de Lerroux, Martínez Barrio e Samper, con 7 ocasións, foi o partido que ocupou durante máis tempo a presidencia do Consello. Acción Republicana e a súa herdeira, Izquierda Republicana, fixérono en 3 ocasións cada unha. O PSOE dirixiu dous gobernos mentres que a Unión Republicana, o Partido Republicano Conservador e o Partido do Centro Democrático fixérono unha vez cada un. Durante a República déronse tres gobernos liderados por un independente.

Por tempo, o goberno máis longo correspondeu a liderado por Juan Negrín, o último de todos, que durou 1 ano e 10 meses. O máis curto foi o de Diego Martínez Barrio (Unión Republicana), que durou unhas horas do 19 de xullo de 1936 e acabou por disolverse tras non acadar un acordo co bando sublevado.

Goberno provisional ou Período constituínte

Segundo goberno provisional e primeiro de Azaña (2º da República)

miniatura|Composición do Goberno de Alcalá-Zamora O mesmo día da proclamación da Segunda República española, o 14 de abril de 1931, o Comité revolucionario promulgou un decreto polo que encomendou a presidencia do Primeiro Goberno provisional da Segunda República española a Niceto Alcalá-Zamora. Este formou un gabinete composto por republicanos de esquerda e dereita, PSOE e nacionalistas galegos e cataláns. Como primeiras medidas, aprobou o Estatuto xurídico do Goberno Provisional polo cal se rexeu, e concedeu a amnistía para os delitos políticos. O principal obxectivo deste goberno era organizar as eleccións das que xurdirían as Cortes Constituíntes, encargadas de elaborar a Constitución da República.

Derecha Liberal Republicana contaba coa presidencia e unha carteira, o PSOE con tres e o Partido Republicano Radical e o Partido Republicano Radical Socialista con dúas. Tanto Acció Catalana como o Grupo de Acción Republicana e a Federación Republicana Gallega estaban representados cunha carteira.

Mediante un decreto de 8 de maio estabelecéronse o regulamento do proceso electoral e un Parlamento unicameral de 470 deputados elixidos por sufraxio universal. A idade mínima para votar baixouse dos 25 aos 23 anos. Porén, non se permitiu votar ás mulleres, aínda que podían presentarse como candidatas. Tamén se fixou a provincia como circunscrición electoral para impedir o caciquismo que alentaba a anterior división electoral en distritos.

Mediante un decreto publicado o 3 de xuño fixouse a celebración dos comicios para o 28 de xuño de 1931 en primeira volta. Se ningunha candidatura obtiver na súa provincia o voto de como mínimo o 20% do electorado recorreríase a unha segunda volta.

Até a data das eleccións o goberno ditou unha serie de decretos que reflectían a ideoloxía dos seus compoñentes. Así, no ámbito agrario, mediante os chamados decretos agrarios, e co impulso dos ministros socialistas Francisco Largo Caballero e Fernando de los Ríos, ditáronse normas que melloraban as condicións laborais e sociais do campesiñado. Algúns exemplos eran a que estabelecía a xornada laboral en oito horas, a que prohibía o desafiuzamento das leiras, a que obrigaba os propietarios a explotar as leiras ou a que obrigaba os propietarios a contratar traballadores da comarca.

No ámbito educativo, o radical socialista Marcelino Domingo, ademais de aumentar o soldo e o número de mestres, aprobou unha serie de decretos co obxecto de reducir o poder da Igrexa no sistema educativo español. Buscaba a laicización do sistema educativo suprimindo a obrigatoriedade do ensino relixioso nas aulas. Así mesmo, creou as Misiones Pedagógicas co fin de facer chegar a educación a todos os puntos do territorio nacional.

Manuel Azaña, membro de Acción Republicana, impulsou un importante número de decretos co fin de profesionalizar e modernizar o Exército. Facilitouse o paso á reserva de numerosos militares, pechouse a Academia Xeral Militar e suprimiuse a Lei de Xurisdicións.

No ámbito territorial o Goberno atopouse o mesmo día da súa formación co problema xurdido en Cataluña cando o líder de Esquerra Republicana de Catalunya, Francesc Macià, proclamou a República Catalá. A situación obrigou a que o propio Alcalá-Zamora, acompañado de Fernando de los Ríos e dos dous ministros cataláns do gabinete, Marcelino Domingo e Nicolau d'Olwer, viaxasen a Barcelona para persuadir os nacionalistas cataláns para desistiren dos seus propósitos. A cambio restituiuse unha institución de goberno suprimida en tempos de Filipe V, a Generalitat de Cataluña. Ademais, prometéuselles que as futuras Cortes Constituíntes abordarían a aprobación dun estatuto de autonomía. O 21 de abril o goberno publicou o Decreto que recoñecía a Generalitat.

Tras celebrárense as eleccións, as Cortes Constituíntes, maioritariamente de esquerdas, outorgaron o 30 de xullo o voto de confianza ao até entón Goberno Provisional, que se constituíu como o primeiro goberno ordinario da República. Este converteu en leis todos os decretos que emitira na súa etapa provisional e levou a cabo a elaboración da Constitución.

Este primeiro goberno republicano caeu o 14 de outubro de 1931. O seu presidente, Alcalá-Zamora, e o seu ministro de Gobernación, Miguel Maura, ambos membros de partidos da dereita, presentaron a súa dimisión. Alegaron un excesivo laicismo do Estado e a persecución anticatólica do seu propio goberno.

Partidos políticos integrantes

Goberno de Niceto Alcalá-Zamora (14 de abril de 1931 - 14 de outubro de 1931)CarteiraNomeNomeamento/dimisiónPartidoPresidente do Gobierno da RepúblicaNiceto Alcalá Zamora y TorresDLR/PRPCarteiraNomeReaxuste ministerialPartidoEstadoAlejandro Lerroux GarcíaPRRJusticiaFernando de los Ríos UrrutiPSOEGuerraManuel Azaña DíazARMariñaSantiago Casares QuirogaORGAFacendaIndalecio Prieto TueroPSOEGobernaciónMiguel Maura GamazoDLR/PRPFomentoÁlvaro de Albornoz LiminianaPRRSInstrución Pública e Belas ArtesMarcelino Domingo SanjuánPRRSTraballo e PrevisiónFrancisco Largo CaballeroPSOEEconomía NacionalLuis Nicolau d'OlwerERCComunicaciónsDiego Martínez BarrioPRR

Primeiro goberno provisional e goberno de Alcalá-Zamora (1º da República) Neste novo Goberno Provisional Acción Republicana contaba coa presidencia e dúas carteiras. Manuel Azaña compartía Presidencia e Guerra, o PSOE contaba con 3, o PRR e o PRRS mantiñan as dúas e Acció Catalana e a Federación Republicana Gallega estaban representados con cadansúa carteira.

A caída do goberno que presidira Alcalá-Zamora abriu o período coñecido como Bienio Reformista. O seu primeiro gabinete, formado por republicanos e socialistas, estaba presidido por Manuel Azaña, quen xunto a José Giral constituían as dúas novas incorporacións ao mesmo.

O 9 de decembro de 1931 as Cortes Constituíntes aprobaron o texto constitucional coa abstención da dereita. O día seguinte procederon á elección do primeiro presidente constitucional da República, Niceto Alcalá-Zamora.

A política sociolaboral, impulsada polos seus membros socialistas, fixo que os ministros radicais, Alejandro Lerroux e Diego Martínez Barrio, abandonasen o goberno e retirasen o apoio dos seus 94 nas Cortes ao Executivo. Esta actuación por parte do PRR, que perseguía postularse como alternativa de carácter centrista, provocou a caída do goberno o 16 de decembro de 1931. O recentemente elixido Presidente da República, Alcalá-Zamora, volveu encargar a formación de goberno a Manuel Azaña.

Partidos políticos integrantes

Primeiro goberno de Azaña (14 de outubro de 1931 - 16 de decembro de 1931)CarteiraNomeNomeamento/dimisiónPartidoPresidente do Gobierno da RepúblicaManuel Azaña DíazAsumiu a xefatura do Goberno da República tras a dimisión de Niceto Alcalá-ZamoraARCarteiraNomeReaxuste ministerialPartidoEstadoAlejandro Lerroux GarcíaPRRXustizaFernando de los Ríos UrrutiPSOEGuerraManuel Azaña DíazARMariñaJosé Giral PereiraARFacendaIndalecio Prieto TueroPSOEGobernaciónSantiago Casares QuirogaORGAFomentoÁlvaro de Albornoz LiminianaPRRSInstrución Pública e Belas ArtesMarcelino Domingo SanjuánPRRSTraballo e PrevisiónFrancisco Largo CaballeroPSOEEconomía NacionalLuis Nicolau d'OlwerERCComunicaciónsDiego Martínez BarrioPRR

Primeiro Bienio ou Bienio reformista (1931-1933)

Primeiro goberno de Acción Republicana e segundo de Azaña (3º da República)

miniatura|Composición do Segundo Goberno de Azaña Manuel Azaña mantivo no esencial as mesmas persoas, aínda que cambiando as carteiras que tiveron no anterior gabinete. Acción Republicana contaba coa presidencia e dúas carteiras, xa que Manuel Azaña seguía en Presidencia e Guerra. O PSOE mantivo as súas tres, do mesmo xeito que o Partido Republicano Radical Socialista as súas dúas. O mesmo sucedeu coa Federación Republicana Gallega. O único cambio destacado foi a eliminación dos ministros do Partido Republicano Radical no anterior goberno, Alejandro Lerroux e Diego Martínez Barrio, o que supuxo un xiro á esquerda do novo gabinete. Tamén abandonou o goberno Acció Catalana, substituída por Esquerra Republicana de Catalunya. A carteira de Estado ocupouna o independente Luis de Zulueta Escolano.

O 23 de xaneiro de 1932 un decreto do ministerio de Xustiza disolveu a Compañía de Xesús e revertiu todos os seus bens ao Estado. O 26 de febreiro aprobouse a lei do divorcio e en maio debatérose nas Cortes o Estatuto de Autonomía de Cataluña e a Reforma Agraria. Estas iniciativas apoiadas polo goberno de Azaña provocaron unha forte reacción na Igrexa, o Exército e nos partidos da dereita que levaron ao frustrado intento de golpe de estado coñecido como a Sanjurjada ao estar liderado polo xeneral Sanjurjo, quen o 10 de agosto de 1932 encabezou a rebelión militar das gornicións de Madrid e Sevilla. En realidade, o golpe estaba a prepararse desde a mesma proclamación da República en abril de 1931.

Sanjurjo foi condenado á morte pero o goberno conmutoulle a pena pola cadea perpetua.

A popularidade que alcanzaron Azaña e o seu goberno coa desactivación do golpe militar foi efémera. O 11 de xaneiro de 1933 tiveron lugar os feitos coñecidos como Sucesos de Casas Viejas, que levaron ao presidente do goberno a presentar a súa dimisión ante o presidente da República o 8 de xuño. Con todo, Alcalá-Zamora ratificou no seu cargo a Azaña, quen formou un novo goberno o 12 de xuño.

Partidos políticos integrantes

Outras afiliacións

Segundo goberno de Azaña (16 de decembro de 1931 - 12 de xuño de 1933)CarteiraNomeNomeamento/dimisiónPartidoPresidente do Consello de MinistrosManuel Azaña DíazARCarteiraNomeReaxuste ministerialPartidoEstadoLuis de Zulueta y EscolanoIndep.XustizaÁlvaro de Albornoz LiminianaPRRSGuerraManuel Azaña DíazARMariñaJosé Giral PereiraARFacendaJaime Carner RomeuIndep.GobernaciónSantiago Casares QuirogaORGA/PRGObras PúblicasIndalecio Prieto TueroPSOEInstrución Pública e Belas ArtesFernando de los Ríos UrrutiPSOETraballo e PrevisiónFrancisco Largo CaballeroPSOEComunicaciónsSantiago Casares QuirogaPasou a ser subsecretaría de Gobernación en abril de 1932ORGAAgricultura, Industria e ComercioMarcelino Domingo SanjuánPRRS

Segundo goberno de Acción Republicana e terceiro de Azaña (4º da República)