As linguas ainus son unha familia de linguas faladas tradicionalmente polos ainus do norte do Xapón, o sur de Sakhalin e as illas Kuriles.

As variedades primarias ainus considéranse alternativamente un grupo de linguas estreitamente relacionadas ou dialectos diverxentes dunha única lingua illada. A evidencia toponímica suxire que as linguas ainus fálaronse outrora no norte de Honshu e que gran parte da extensión historicamente testemuñada da familia debeuse a unha expansión relativamente recente cara ao norte. Non se demostrou ningunha relación xenealóxica entre as linguas ainus e ningunha outra familia lingüística, a pesar dos numerosos intentos.

O ainu das Kuriles foi declarado extinto en 1962 e o ainu de Sakhalin en 1994. O ainu de Hokkaidō foi declarado en perigo crítico en 2009.

Clasificación Alexander Vovin clasificou as variedades ainus do seguinte xeito:

Protoainu Protoainu de Hokkaido–Kuriles Variedades de Hokkaido Variedades das Kuriles Protoainu de Sakhalin Variedades de Sakhalin

Ortografía O ainu non desenvolveu o seu propio Sistema de escrita. Os autores ainus empregaron un katakana modificado ou alfabeto latino para escribir ainu. Un exemplo de escrita ainu é Ainu Times (アイヌタイムズ, Ainu Taimuzu), que é un boletín en lingua ainu escrito tanto en katakana modificado como en alfabeto latino que publica catro veces ao ano o Ainu Pen Club de Hokkaidō.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Clasificacións propostas

Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas do Xapón