Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2019 tiña 3.388 habitantes. O xentilicio é .
Historia
En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.
Patrimonio Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.
Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.
A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.
Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.
Política
Dende o ano 2023 o concello esta gobernado pola coalición formada polo PSdeG-PSOE e o BNG, con Verónica Pichel (PSdeG-PSOE) como alcaldesa.
Sendeirismo Forcarei ten dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".
A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.
A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín
Forcarei na literatura popular No convento de Aciveiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro..
Galería de imaxes
Xeografía Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.
Demografía
Censo total 3.388 (2019) Menores de 15 anos 250 (7,38 %) Entre 15 e 64 anos 1.702 (50.24 %) Maiores de 65 anos 1.436 (42,38 %)
No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo, que dan lugar ás tres Rías Baixas meridionais.
Parroquias
Lugares de Forcarei Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do concello Forcarei, Turismo Rías Baixas Ruta sendeirista: PR-G 100 Sendeiro Natural Aciveiro - Candán - SEGATUR Ruta sendeirista: PR-G 113 Ruta das Pontes do Lérez - SEGATUR
Categoría:Forcarei