A Pobra de Trives é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives. Segundo o padrón municipal en 2019 tiña 2.067 habitantes (2 721 en 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «» ou «».

Demografía Censo total 2.067 (2019) Menores de 15 anos 153 (7.40 %) Entre 15 e 64 anos 1.147 (55.49 %) Maiores de 65 anos 767 (37.11 %)

Xeografía A Pobra de Trives sitúase nos contrafortes occidentais da Serra de Queixa, que superan os 1 500 m (Cabeza dos Bois, 1 707 m e As Chairas de Maceda, 1 685 m), no que se coñece como A Cabeza Pequena de Manzaneda. O terreo baixa cara ao oeste e ás ribeiras do río Bibei, formando vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.

O Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na Serra da Segundeira, a 1 840 m. de altitude e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e os San Lázaro, Cabalar e Fiscaíño, que rematan en cascadas.

Nas partes altas predomina un clima de montaña e nos vales é case mediterráneo. Os invernos son duros e longos (9 °C) e os veráns mornos (15 °C en xullo). As precipitacións aumentan coa altura e van dos 874 mm do fondo do val aos case 2 000 mm das montañas.

Historia Hai restos de castros, a maioría romanizados, como A Cividá, O Castro, O Castelo ou As Cigadoñas. Os poboadores eran os tiburos, cuxa capital se chamaba Nemetóbriga e que pode corresponder a Trives Vello, Ponte Navea ou Mendoia.

A Vía XVIII do Itinerario de Antonino, coñecida como Vía Nova, entraba por Ponte Navea, atravesaba Trives Vello, Ponte Cabalar, Mendoia, e saía pola ponte do Bibei.

A comezos da Idade Media, a maioría das terras pertencían ao conde de Lemos. Nesa altura, construíronse varios eremitorios e cenobios, como o de Cirragosa, en Cova.

Economía O concello dedícase ao comercio e ao turismo. Neste ámbito é de salientar o complexo hoteleiro de Cabeza Grande de Manzaneda e a súa estación invernal. Abundan os hoteis e hai un cámping. Entre os cultivos destaca o castiñeiro.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares da Pobra de Trives Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra de Trives vexa: Lugares da Pobra de Trives.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Pobra de Trives

Categoría:A Pobra de Trives