Fernando Assis Pacheco, nado en Coímbra o 1 de febreiro de 1937 e finado en Lisboa o 30 de novembro de 1995, foi un xornalista, crítico, tradutor e escritor portugués.Salvé, Fernando Assis Pacheco – artigo de Francisco Louçã en ESQUERDA.NET, 4 de febreiro de 2017

Traxectoria Licenciado en filoloxía xermánica pola Universidade de Coímbra, viviu nesta cidade até comezar o servizo militar, en 1961. Fillo de pai médico, o seu avó materno era orixinario de Galicia (que casara cunha moza da Bairrada); e o seu avó paterno era roceiro en San Tomé.

Durante a súa mocidade, foi actor de teatro, no TEUC e no CITAC, e redactor da revista Vértice, o que lle permitiu achegarse ó poeta neorrealista Joaquim Namorado e a poetas da súa xeración, como Manuel Alegre, así como co futuro xornalista José Carlos de Vasconcelos. Cumpriu parte do servizo militar en Portugal entre 1961 e 1963, sendo expedicionario en Angola, onde estivo até 1965. Inicialmente integrado nun batallón de cabalaría, despois serviu nos servizos auxiliares e foi colocado no cuartel xeral da rexión militar de Angola.

Publicou a primeira obra en Coímbra, co patrocinio paterno, aínda estando en África. Cuidar dos Vivos é o título do seu primeiro libro, poemas de protesta política e cívica cos temas da morte e do amor. No apéndice, incluíu dous poemas sobre a guerra en Angola, que foron os primeiros publicados sobre este conflito. O tema da guerra en África volvería imporse en Câu Kiên: Um Resumo (1972), aínda que baixo "camuflaxe vietnamita", libro que en 1976 coñecería a súa versión definitiva: Katalabanza, Kilolo e Volta.

Memória do Contencioso (1980) reúne "folletos" publicados entre 1972 e 1980, e Variações em Sousa (1987) constitúe un regreso ós temas da infancia e da adolescencia, con Coímbra como escenario, e refinando unha vea xocosa e satírica xa visíbel nos poemas inaugurais. A novela Walt (1978) é unha proba disto. Era notábel en Assis Pacheco a súa longa cultura galega, que foi explicada nalgúns dos seus textos xornalísticos e no seu libro Trabalhos e Paixões de Benito Prada. En A Musa Irregular (1991) reuniu toda a súa produción poética.

Nunca coñeceu outra profesión que non fose o xornalismo: deixou a súa pegada no Diário de Lisboa, na República, no JL - Jornal de Letras, Artes e Ideias, no Musicalíssimo e no Se7e, onde foi director-adxunto. Foi tamén redactor e xefe de redacción de O Jornal, semanario onde durante dez anos exerceu crítica literaria, e colaborador da RTP.

Traduciu ó portugués obras de Pablo Neruda e Gabriel García Márquez.

Vida persoal Casou o 4 de febreiro de 1963 con Maria do Rosário Pinto de Ruela Ramos (27 de xullo de 1941), filla de João Pedro de Ruella de Almeida Ramos e de Germana Marques Vieira Pinto, coa que tivo cinco fillas e un fillo.

Faleceu o 30 de novembro de 1995, ás portas dunha libraría.Bronco e analfabeto - NOTA de Maria do Rosário Pedreira

Principais obras Cuidar dos Vivos (poesía), 1963 Câu Kiên: Um Resumo (poesía), 1972 (republicado en 1976 co título Katalabanza, Kilolo e Volta) Walt (novela), 1978 Memórias do Contencioso e Outros Poemas (poesía), 1980 A Musa Irregular (antoloxía poética), 1991 Traballo e paixóns de Benito Prada. Galego da provincia de Ourense que veu a Portugal gañar a vidaTraducida ao galego por Onofre Sabaté e publicada por Ir Indo en 1994. (Trabalhos e Paixões de Benito Prada) (novela), 1993 Retratos Falados (escolma de entrevistas), póstumo - 2001 Respiração Assistida (poesía), póstumo - 2003 Memórias de um Craque (crónicas), póstumo - 2005 Bronco Angel, o cow-boy analfabeto (primeiro volume da obra completa), póstumo - 2015 Tenho Cinco Minutos Para Contar Uma História póstumo - 2017.

Notas

Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados no distrito de Coímbra Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Portugueses de ascendencia galega