O Partido Nacionalista Canario (PNC) é un partido nacionalista, que, nos inicios, aspiraba a que Canarias fose un estado libre e soberano, mais posteriormente evolucionou para posturas que defenden a súa integración nun estado libre asociado, reclamando mentres máis competencias dentro do marco autonómico.
Antecedentes miniatura|A denominada "Bandera del Ateneo", primeira bandeira nacionalistaO primeiro PNC foi fundado, curiosamente, na Habana, o 30 de xaneiro de 1924, sendo o seu primeiro presidente José G. Cabrera Díaz, tipógrafo que exercera como líder sindical dos traballadores canarios na illa caribeña: o 5 de agosto de 1900 fundara a Asociación Obrera Canaria. Mais nos anos 20 José Cabrera Díaz abandonou os postulados obreiristas, para pasar a defender os intereses da burguesía. Con todo o PNC da Habana, era un partido bastante afastado dos principios políticos de liberación nacional e social, mostrándose con frecuencia achegado ao anarquismo.
O órgano de difusión de ideas do PNC era o xornal El Guanche. Adoptou como estandarte canario, a coñecida como Bandera del Ateneo, de fondo azul e sete estrelas brancas colocadas na disposición que ocupan as illas Canarias xeograficamente.
Este primeiro PNC durou poucos anos. Posteriormente creouse un novo PNC, que recuperaría algúns dos seus principios.
O PNC actual
En 1982 foi convocado o Congreso Constituínte do actual Partido Nacionalista Canario, recuperando o nome da organización que existira nos anos 1920, así como algúns dos seus símbolos. O actual presidente do partido é Juan Manuel García Ramos.
No ano 1993, xunto a outras formacións políticas, formou parte de Coalición Canaria, que abandonou algúns anos despois. Logo de pasar por escisións, volveu a se integrar na devandita coalición en 2006 e 2011.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial do PNC
Categoría:Partidos políticos das Canarias Categoría:Partidos nacionalistas canarios