India desenvólvese como unha economía de libre mercado, a pesar de manter trazos de antigas políticas autárquicas. A liberalización económica, incluíndose o sector industrial, a privatización de empresas públicas e a redución dos controis dos investimentos externos e do comercio comezaron nos anos 1990 e serviron para acelerar o crecemento do país, que superou os 7% ao ano desde o 1997.

A economía do país é diversificada; hai desde actividades agrícolas tradicionais en pequenos pobos e artesanía, até unha gran diversidade de industrias e servizos modernos. Pouco máis de metade da man de obra traballa na agricultura, pero o sector de servizos é o máis importante da economía do país, e é responsable por metade do PIB nacional, ocupando 1/3 da forza de traballo. O país benefíciase da súa vasta poboación anglófona para tornarse un importante exportador de servizos de tecnoloxía e software. O país recuperouse ben da crise do 2010, principalmente debido ao seu forte mercado interno, e o crecemento real ha excedido os 8%.

Os principais produtos cultivados son: té, algodón, trigo, xuta, arroz, tabaco, millo e cana de azucre.

Existen grandes áreas con monoculturas voltadas para a exportación. Son as plantations, cultivadas desde a época en que os ingleses colonizaron esa rexión. Té, tabaco e algodón, son os produtos típicos para o mercado externo.

No últimos anos, a India tornouse un importante centro de servizos relacionados con tecnoloxías de información. É o principal beneficiario do outsourcing de servizos.

Notas