miniatura|left|Bolsa de Valores de Estocolmo. A economía de Suecia, país altamente industrializado, é a 35ª maior do mundo. Axudada polo seu pacifismo e neutralidade durante todo o século XX, o país alcanzou un patrón de vida invexable, baixo un sistema mixto de capitalismo e beneficios sociais. Suecia ten un moderno sistema de distribución de renda, un excelente sistema de telecomunicacións interno e co estranxeiro, ademais dunha man de obra ben instruída.
A agricultura, antes un sector importante, responde hoxe por pouco máis de 1% do PIB e emprega 2% da man de obra. A industria beneficiase dos grandes recursos económicos do país, como as grandes forestas, os xacementos de ferro e o potencial hidroeléctrico.
O país é membro da Unión Europea, pero en referendo a 14 de setembro de 2003 a súa poboación rexeitou a adopción do Euro como moeda.
Notas