Ivar Andreas Aasen, nado en Ørsta o 5 de agosto de 1813 e finado en Oslo o 23 de setembro de 1896, foi un filólogo noruegués.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia campesiña. A partir de 1836 os seus esforzos foron para crear unha lingua literaria norueguesa independente e nacional, no 1841 comeza un estudo sistemático do seu dialecto local. Posteriormente, Aasen, viaxa por toda Noruega para estudar os diferentes dialectos populares coa idea de fundar unha verdadeira lingua escrita norueguesa que substituíra ao danés. O seu traballo é a orixe do actual nynorsk, que foi o primeiro en empregar de forma literaria. miniatura|esquerda|Ivan Aasen. Morreu honrado polo Parlamento noruegués como pai da lingua norueguesa.

Obras 1841 Den søndmørske Dialekt(O Dialecto de Søndmørske). 1848 Det norske Folkesprogs grammatik (Gramática da lingua popular norueguesa). 1850 Ordbog over det norske Folkesprog (Dicionario da lingua popular norueguesa).

Categoría:Lingüistas de Noruega Categoría:Nados en 1813 Categoría:Finados en 1896 Categoría:Nados no condado de Møre og Romsdal