Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.Lembranza de Lago González (1973). Editorial Galaxia.

Traxectoria Fixo o bacharelato e seguiu a carreira eclesiástica no seminario diocesano de Tui. En 1888 sería ordenado sacerdote. No propio seminario exerceu despois o profesorado de Sagrada Escritura, de Teoloxía, de grego e hebreo. Contribuíu a crear o diario La Integridad (1888), redactando as sección fixas "A la médula" e "Ripios". Formou parte da Asociación Regionalista Gallega de Manuel Murguía.Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG. Participou nos segundos xogos florais de Galicia (1891) co discurso Gabanza da lingua galega.

Gañou por oposición unha coenxía na catedral de Lugo. Posteriormente accedeu á dignidade episcopal, sendo bispo de Burgo de Osma (1909-1917), da diocese de Tui (1917-1923) e finalmente arcebispo de Santiago de Compostela (1924-1925), tras 129 anos de predecesores foráneos. No seu breve paso polo arcebispado, preocupouse da dignificación do Panteón Real da Catedral, encargándolle ao tallista Maximino Magariños a realización dunha sepultura para engadir ao mesmo os restos do conde Pedro Froilaz. O deseño do sepulcro, que inclúe a coroa mailas sete cruces do escudo de Galicia, foi obra do propio arcebispo.

Foi académico fundador da Academia Gallega, en 1906, co discurso de ingreso Elogio de la lengua gallega Foi correspondente da Real Academia da HistoriaBoletín de la Real Academia de la Historia e, en 1924, foi elixido membro do Seminario de Estudos Galegos.

Os seus restos descansan na Capela da Comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

Posuía unha magnífica biblioteca, que á súa morte foi adquirida pola Universidade de Santiago de Compostela.

Obra escrita Publicou unha chea de poesías, espalladas por varias publicacións da época, como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Unha escolma delas figura na edición d'Os estudantes ao arcebispo de Santiago datada en 1924. Dez anos despois apareceron tamén composicións da súa autoría no Homenaxe ao arcebispo Lago González, Fror Nova e O neno Xesús, saídos da súa pluma, púxolles música o compositor José Torres Creo. En 1967 sesenta e dous poemas galegos de Lago foron recollido por Xosé Filgueira Valverde nun libro publicado pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Abellás, C. (1925): Oración fúnebre del Excmo. e Ilmo. Sr. Arzobispo de Santiago Dr. D. Manuel Lago González.

Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega. Barcelona, Maucci.

Filgueira Valverde, X. (1934): Lago González. Arcebispo galego. 40 p. Filgueira Valverde, X. (1965). Lago González: biografía y selección de su obra gallega. Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos. Rodríguez, Eladio (1924). Boletín de la Real Academia Gallega. nº 161, p. 98-101 . Rodríguez, Eladio (1925) Boletín de la Real Academia Gallega. nº 170-171. p. 50-52, 1925 .

Outros artigos

Paleografía Literatura galega do Rexurdimento

Ligazóns externas

Día das Letras Galegas, Real Academia Galega. Enciclopedia Historia da Literatura AS-PG. Biblioteca Virtual Galega UDC e Deputación da Coruña.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Bispos da diocese de Tui-Vigo Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Teólogos de Galicia Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Bispos da diocese de Osma Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española