Chantal Maillard, nada en Bruxelas en 1951, é unha escritora e filósofa española de orixe belga. Recibiu o Premio Nacional de Poesía en 2004 e mais o Premio da Crítica Española en 2007.

Traxectoria Chantal Maillard naceu en Bruxelas (Bélxica) en 1951. Porén, reside en Málaga dende 1963. No ano 1969 renunciou á súa nacionalidade de orixe pola española.

Licenciouse en Filosofía pola Universidade de Málaga. Após doutorarse en 1987, viaxou por primeira vez á India cunha bolsa do Ministerio de Exteriores español. Alí, especializouse en Filosofía e Relixións da India pola Universidade Hindú de Varanasi. A súa dedicación á cultura do país asiático reflíctese en moitos dos seus escritos (diarios, ensaios, poesía e crítica), reunidos no volume India, publicado en 2014 pola editorial Pre-Textos.

Colaborou no ABC e El País.

Obra Poesía Azul en re menor. Frigiliana: La Farola, 1982. La otra orilla. Coria del Río: Qüásyeditorial, 1990. Premio Juan Sierra 1990 Hainuwele. Córdoba: Ayuntamiento de Córdoba, 1990. Premio Ciudad de Córdoba 1990 Poemas a mi muerte. Madrid: La Palma, 1993. Poesía. Premio Ciudad de Santa Cruz de la Palma 1993 Semillas para un cuerpo. Soria: Deputación Provincial de Soria, 1998. Premio Leonor 1987 Conjuros. Madrid: Huerga y Fierro. Editores, S.L., 2001. Lógica borrosa. Málaga: Miguel Gómez Ediciones, 2002. Matar a Platón. Barcelona: Tusquets, 2004. Premio Nacional de Poesía 2004 Hilos, 2007. Premio da Crítica española La tierra prometida, 2009 Hainuwele y otros poemas, 2009 Polvo de avispas. Málaga, 2011 Balbuceos. Málaga, 2012 La herida en la lengua. Barcelona, 2015 Daniel. Voces en duelo con Piedad Bonnett. Vaso Roto Ediciones, 2020. Medea.Tusquets. Barcelona, 2020.

Prosa La compasión difícil. Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2019. La mujer de pie. Barcelona: Galaxia Gutenberg, 2015. India. Valencia: Editorial Pre-Textos, 2014. Bélgica. Valencia: Editorial Pre-Textos, 2011. Adiós a la India. Málaga: Puerta del Mar, 2009. Husos. Notas al margen. Valencia: Editorial Pre-Textos, 2006. Diarios indios. Valencia: Editorial Pre-Textos, 2005. Filosofía en los días críticos. Valencia: Editorial Pre-Textos, 2001

Ensaio El monte Lu en lluvia y niebla Málaga: Deputación Provincial de Málaga, 1990. La creación por la metáfora. Barcelona: Anthropos, 1992. El crimen perfecto. Madrid: Tecnos, 1993. La sabiduría como estética Madrid: Akal, 1995. La razón estética. Barcelona: Laertes, 1998. Aguado González, Jesús. El árbol de la vida. Maillard, Chantal (ed.) . Barcelona: Kairós, 2001. Filosofía en los días críticos Valencia: Pre-Textos, 2001.

Premios Premio Leonor 1987 Ciudad de Córdoba 1990 Premio Juan Sierra 1990 Ciudad de Santa Cruz de la Palma 1993 Premio Nacional de Poesía 2004 Premio Nacional da Crítica 2007 Premio Andalucía da Crítica 2008

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información

Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Nados en 1951 Categoría:Premio Nacional de Poesía de España