Acontecementos Mundo A poboación humana alcanza os 257 millóns, aproximadamente.
Imperio romano Septimio Severo visita Siria, Palestina e Arabia. Palestina, beneficiándose das políticas benevolentes de Severo, experimenta un significativo auxe económico.
Asia China - As dúas forzas máis grandes do país, as de Cao Cao e as de Yuan Shao enfróntanse na batalla de Guandu, onde sorprendentemente, Cao Cao resulta vitorioso. No Xapón, Himiko espalla a súa autoridade sobre outros clans dende a súa capital en Yamatai.
América México: dá comezo o Período clásico de Mesoamérica, que coincide co apoxeo de Teotihuacán. Iníciase a idade clásica da civilización maia.
Nacementos Diofanto, matemático grego. Valeriano, emperador romano. Marco Claudio Tácito, emperador romano.
Mortes
Outros Historia ano a ano
Categoría:200