Filipinas forma parte do tratado internacional chamado APEC (Asia-Pacific Economic Cooperation), un bloque económico que ten por obxectivo transformar o océano Pacífico nunha área de libre comercio englobando economías asiáticas, americanas e de Oceanía.

É considerado un país en desenvolvemento. O seu PIB ocupa o 37º lugar entre 178 nacións, en función da paridade do poder de compra. Unha das principais actividades económicas é a industrialización de alimentos. A súa produción agrícola consiste principalmente en copra, millo, cánabo, arroz, cana de azucre e tabaco. Posúe tamén explotacións mineiras de cromo, cobre, ouro, ferro, chumbo, manganeso e prata.

Os gastos do goberno, o aumento do consumo e o envío de diñeiro por filipinos residentes no exterior impulsaron a economía do país, elevando o crecemento a máis do 6% en 2007.

Notas