A Veneira de Roques é un lugar da parroquia de Ferreiros, no concello da Pobra do Brollón. En 2007 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres).
Xeografía
O lugar sitúase a 969 m de altitude na cara leste do concello, en plena Serra do Courel. Accédese por unha estrada que sobe dende A Pousa e que leva á Pobra do Brollón.
O motivo do orixe da aldea son as súas minas subterráneas.
Hai unha pequena capela sen arranxar na honra a Santa María Madalena, patroa da aldea, na que se celebran misas ocasionalmente. As festas celébranse no mes de xullo e dende 2008 celébrase o mesmo día a Festa do Caldo.
Lugares e parroquias
Lugares de Ferreiros
Parroquias da Pobra do Brollón
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina e fotos da Veneira de Roques
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón