Un cachelo é unha pataca cortada en anacos ou cachos. Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.

Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.

Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal.En Sada, Cabalar, Toba, Dumbría, Compostela, Novefontes, O Grove, O Valadouro ou Ramirás, segundo Constantino García Glosario de voces galegas de hoxe. Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.miniatura|Lacón con cachelos e grelos|esquerda

Notas

Categoría:Pratos de patacas Categoría:Gastronomía de Galicia