miniatura|250px|Reconstrución do templo de Zeus en Olimpia. miniatura|Durante meses antes dos Xogos Olímpicos, diferentes deportistas relévanse para levar a chama Olímpica desde Olimpia ata o sitio da apertura dos xogos.

Olimpia (en grego Ολυμπία Olympía ou Ολύμπια Olýmpia) é unha pequena cidade da antiga Grecia na prefectura de Élide, na península do Peloponeso, famosa polo próximo xacemento arqueolóxico do mesmo nome, principal santuario relixioso Panhelénico da Antiga Grecia, onde se levaron a cabo os Xogos Olímpicos da Antigüidade. O sitio estaba dedicado principalmente a Zeus e atraía a visitantes de todo o mundo grego como un grupo de centros "Panhelenicos" que axudaron a construír a identidade dos antigos gregos como nación. Malia o nome, non se atopa preto do Olimpo no norte de Grecia, onde se cría que vivían os Deuses olímpicos, as principais divindades da Relixión da Grecia antiga. A cidade atópase ó pé do monte Cronio e na beira dereita do río Alfeo.

Os Xogos Olímpicos disputáronse cada catro anos durante toda a Antigüidade clásica, desde o século VIII a. C. ata o século IV d. C.Bickerman (1982), p. 75

O sitio arqueolóxico ten máis de 70 edificios significativos, e as ruínas de moitas destes sobreviven, aínda que o principal Templo de Zeus, sobrevive só como pedras no chan. O sitio é unha importante atracción turística e ten dous museos, un dedicado aos xogos antigos e outro aos modernos.

Sitio antigo thumb|left|Olympia entre os principais santuarios gregos Olympia atópase no amplo val do Alfeo (tamén romanizado como Alpheus, Alpheios) na parte occidental do Peloponeso, hoxe a uns 18 quilómetros do Mar Xónico, pero na antigüidade quizais a metade desa distancia. O nome Altis derivouse dunha corrupción da palabra Elean que significa "o bosque" debido a que a área estaba arborada, de oliveiras e plátanos en particular.Wilson; [http://www.perseus.tufts.edu/Olympics/site_1.html Perseus O Altis, como orixinalmente coñecíase o santuario, era unha área cuadrangular irregular de máis de 183 metros a cada lado e amurallado, agás no norte, onde estaba limitado polo Kronion (Monte Kronos).http://www.britannica.com/EBchecked/topic/17740/Altis

Segundo Pausanias había máis de 70 templos en total, así como tesouros, altares, estatuas e outras estruturas dedicadas a moitas deidades.Wilson (2013), p. 513 Un pouco en contraste con Delfos, onde unha gran colección similar de monumentos estaba fortemente concentrada dentro do límite do ténemos, Olimpia estendíase máis alá do muro límite, especialmente nas áreas dedicadas aos xogos.

O Altis consiste nunha disposición algo desordenada de edificios, o máis importante é o Templo de Hera (o Heraion/Heraeum), o Templo de Zeus, o Pelopion, e a área do grande altar de Zeus, onde se realizaban os maiores sacrificios. Aínda había un bo número de áreas abertas ou boscosas no interior do santuario.

Ao norte do santuario pódese atopar o Prytaneion e o Philippeion, así como o conxunto dos Tesouros de Olimpia que representan as distintas cidades-estados. O Metroon atópase ao sur destes tesouros, co Echo Stoa ao leste. O hippodrome e máis tarde estadio estaban situados ao leste do Echo Stoa. Ao sur do santuario están a Stoa Sur e o bouleuterión, mentres que a Palestra de Olimpia, o taller de Fidias, o gymnasion, e o Leonidaion atópanse ao oeste.

Olimpia tamén coñeceuse pola xigantesca criselefantina (marfil e ouro sobre un marco de madeira) estatua de Zeus que era a imaxe de culto no seu templo, esculpida por Fidias, que foi nomeada unha das Sete marabillas do mundo por Antipater de Sidón. Moi preto do Templo de Zeus, que albergaba esta estatua, estaba o estudio de Fidias escavado na década de 1950. As probas atopadas alí, como as ferramentas do escultor, corroboran esta opinión. As antigas ruínas sitúanse ao norte do río Alpheios e ao sur do monte Kronos (que leva o nome da deidade grega Kronos). O Kladeos, un afluente do Alpheios, flúe pola zona.

Plano do sitio thumb|500px|Plano de Olimpia (o ancho completo do plano representa 625 m). as cores dos edificios representan distintos períodos: período arcaico, período clásico, período helenístico e período romano.

Os seguintes edificios están representados no plano de Olimpia (figura da dereita): 1: Propileo nordés 2: Pritaneo 3: Filipeo 4: Hereo 5: Pelopio 6: Ninfeo de Herodes Ático 7: Metroo 8: Zanes 9: Cripta (sendeiro con arcos, cara ao estadio). 10: Estadio 11: Pórtico do Eco 12: Edificio de Ptolomeo II e Arsinoe 13: Estoa de Hestia 14: Edificio helenístico 15: Templo de Zeus 16: Altar de Zeus 17: Exvoto dos aqueos 18: Exvoto de Micito 19: Niké de Peonio 20: Ximnasio 21: Palestra 22: Teecoleón 23: Heroon 24: Taller de Fidias (descuberto en escavacións arqueolóxicas) e basílica paleocristiá 25: Baños do Cládeo 26: Baños gregos 27: Hostal 28: Hostal 29: Leonideo 30: Baños do sur 31: Bouleuterión 32: Estoa Sur 33: Vila de Nerón

Historia É coñecida por ser o lugar no que se celebraron na antigüidade os primeiros Xogos Olímpicos, cunha importancia comparable ós Xogos Píticos que se celebraban en Delfos. Ambos se celebraban cada olimpíada (catro anos). Os primeiros dos que se ten constancia celebráronse en 776 a.C. Ó final do século IV, o emperador Teodosio I aboliunos.

Olimpia tamén foi famosa por ser un centro relixioso, e pola súa xigantesca estatua de ouro e marfil de Zeus feita por Fidias, (tallada trala vitoria sobre os persas na Segunda Guerra Médica) que era unha das Sete marabillas do Mundo. Preto do templo, escavacións arqueolóxicas atoparon o taller de Fidias, con numerosas ferramentas do escultor.

Prehistoria Adoitabase pensar que o sitio fora ocupado desde o ano 1500 a.C., cun culto relixioso de Zeus desenvolto en torno ao 1.000 a.C. Pode que no canto diso só houbese un santuario dos séculos IX ou VIII a.C., aínda que a cuestión permanece en debate. Outros consideran que os restos de alimentos e ofrendas queimadas que datan do século X a.C. evidencian unha longa historia de actividade relixiosa no lugar. Ningún edificio sobreviviu deste primeiro período de uso.

Períodos xeométricos e arcaicos thumb | 200px | Ruínas do Templo de Hera

Os primeiros Xogos Olímpicos, cunha importancia comparable ós Xogos Píticos que se celebraban en Delfos organizáronse no sitio polas autoridades de Elis no século VIII a.C., a tradición data os primeiros xogos no 776 a.C. Os principais cambios fixéronse no sitio ao redor do ano 700 a.C., incluíndo a nivelación de terras e cavando novos pozos. O poder de Elis diminuíu e o santuario caeu nas mans dos pisanos no 676 a.C. Os pisanos organizaron os xogos ata finais do século VII a.C.

A primeira evidencia de actividade de construción no sitio data de aproximadamente do 600 a.C. Neste momento, os Skiloudianos, aliados dos Pisanos, construíron o Templo de Hera. Os Tesouros de Olimpia e o Pelopion construíronse durante o século VI a.C. As estruturas seculares e as pistas atléticas tamén construíronse durante este período, incluíndo o Bouleuterion. O primeiro estadio construíuse ao redor do 560 a.C., consistía nunha sinxela pista. O estadio remodelouse ao redor do 500 a.C. con lados inclinados para os espectadores e desprazouse lixeiramente cara ao leste. Ao longo do século VI a.C. engadíronse unha serie de deportes ao festival olímpico. No 580 a.C., Elis, en alianza con Esparta, ocupou Pisa e recuperou o control do santuario.

Período clásico thumb | Tetradracma de prata de Olimpia, 360 a.C. Anverso: Cabeza de Zeus con coroa de loureiro. Reverso: Cabeza da ninfa Olimpia cun diadema. ΟΛΥΜΠΙΑ á dereita.

O período clásico da Antiga Grecia, entre os séculos V e IV a.C., foi a época de ouro do sitio en Olimpia. Construíuse unha gran variedade de edificios e estruturas relixiosas e civís.

O Templo de Zeus, construíuse a mediados do século V a.C. O seu tamaño, escala e ornamentación foi superior a calquera cousa previamente construída no sitio. Tamén foron construídas outras instalacións deportivas, incluíndo o estadio e o hipódromo (para carreiras de carros). O Prytaneion construíuse no lado noroeste do sitio no 470 a.C. Ademais, construíronse os Baños gregos a mediados do século V a.C.

No período clásico tardío, engadíronse novas estruturas ao sitio. O Metroon construíuse preto do Tesouro c. 400 a.C. A construción do Echo Stoa, ao redor do 350 a.C., separou o santuario da zona dos xogos e do estadio. O Stoa sur construíuse no extremo sur do santuario aproximadamente ao mesmo tempo.

Os abundantes tesouros acumulados no templo levaron a que fora saqueado polos arcadios. Desde 342 a.C., foi protectorado de Alexandre o Grande, que usou Olimpia para anunciar o seu Rescripto sobre os Desterrados do ano 324 a.C.

Período helenístico thumb | Ruínas do Philippeion thumb | Palestra de Olimpia thumb | Estadio de Olimpia.

A finais do século IV a.C. construíuse o Philippeion. Ao redor do 300 a.C. o edificio máis grande do sitio, o Leonidaion, construíuse para albergar visitantes importantes. Debido á crecente importancia dos xogos, construíronse novos edificios atléticos incluíndo a Palaestra (século III a.C), o Gimnasio (século II a.C) e as casas de baño (c.300 a.C.). Finalmente, no ano 200 a. C., levantouse unha arcada abovedada que unía a entrada do estadio ao santuario.

Época romana Durante a dominación romana, os xogos abríronse a todos os cidadáns do Imperio Romano. Desenvolveuse un programa de novos edificios e extensas reparacións, incluído o Templo de Zeus. Olimpia enriqueceuse, especialmente o perímetro sagrado, o Altis, onde Nerón mandou construír un pazo. Os novos baños substituíron os baños gregos máis antigos no 100 d.C. Trala morte de Adriano a cidade comezou a entrar en decadencia, aínda que no 150 d.C, construíuse o Nympheum (ou Exedra) e un acueduto no ano 160 d.C.

No século III o sitio sufriu un gran dano causado por unha serie de terremotos. As tribos invasoras no 267 d.C. conduciron á fortificación do sitio con material roubado dos seus monumentos. A pesar da destrución, as olimpíadas continuaron realizándose no lugar ata a última Olimpíada no 393 d.C., despois de que o emperador cristián Teodosio I as prohibise. O templo de Zeus foi aparentemente destruído ao redor do 426 d.C., durante a persecución dos pagáns a finais do Imperio Romano, logo dun edito de Teodosio II que impuxo a prohibición de festas pagás. O taller de Fidias converteuse nunha Basílica e o sitio estaba habitado por unha comunidade cristiá. As probas arqueolóxicas suxiren que aínda se celebraban en segredo eventos olímpicos a pequena escala (posiblemente en aparencia cristiá) ata a Peste de Xustiniano e dous terremotos o devastaron a mediados do século VI. As repetidas inundacións provocadas polo Alfeo aseguraron que o asentamento finalmente abandonárase por completo a comezos do século VII.

Descubrimento e primeiras escavacións

Ao longo do tempo o lugar quedou enterrado baixo depósitos aluviais, de ata 8 metros de profundidade, durante longo tempo pensouse que era o resultado das inundacións do río. No entanto, a investigación moderna está en contra dunha hipótese, baseándose na presenza de cunchas de moluscos, gasterópodos e foraminíferos, crese que o sitio foi enterrado polas augas oceánicas como resultado de repetidos tsunamis.

O sitio exacto foi redescuberto en 1766 polo anticuario inglés Richard Chandler.Sherry Marker, "Where Athletes Once Ran" in the New York Times, 18 de xullo de 2004. A primeira escavación do santuario en Olimpia non se levou a cabo ata 1829, polos franceses da " Expedition Scientifique de Moree".

1875-1881 thumb | 220x220px | Baños de Kronios ou baños norte