O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisestos.

Acontecementos 850 - Ordoño I é coroado Rei da Galiza Altomedieval. 1809 - O veciños de Sargadelos amotínanse ocasionando danos e mortes na fábrica de Sargadelos. 1848 - Termina a guerra entre os Estados Unidos e o México, coa sinatura do Tratado de Guadalupe-Hidalgo. 1920 - Estonia declárase independente de Rusia. 1943 - As últimas tropas alemás réndense aos soviéticos despois da batalla de Stalingrado, na segunda guerra mundial. 1971 - Apróbase o Convenio relativo ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, máis coñecido como Convención de Ramsar por ser a cidade iraniana onde se asinou. 2004 - O tenista suízo Roger Federer alcanza o número 1 do mundo por primeira vez na súa carreira, número que conservaría por 237 semanas consecutivas, e un total de 310 semanas.

Nacementos miniatura|100px|James Joyce. 1811 - Delia Bacon escritora de obras de teatro e contos norteamericana. (m.1859) 1827 - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego. 1835 - Juan Sieiro, filósofo e profesor galego (m. 1893). 1858 - Purificación de Cora, xornalista, editor e político galego (m. 1941). 1882 - James Joyce, escritor irlandés (m. 1941). 1892 - Erasmo Buceta, escritor e profesor galego (m. 1964). 1905 - Ayn Rand, escritora estadounidense de orixe rusa (m. 1982). 1912 - Millvina Dean, última supervivente do naufraxio do transatlántico RMS Titanic 1915 - Abba Eban, político e diplomático israelí (m. 2002). 1929 - Věra Chytilová, directora de cine checa de vangarda e pioneira do cine do seu país.(m.2014) 1942 - Ado Birk, diplomático estoniano. 1942 - Xavier Carro, escritor galego. 1946 - Fernando Colomo, director de cinema español. 1962 - Luís Iglesia, actor galego. 1968 - Xosé Antonio Neira Cruz, escritor galego. 1977 - Shakira, cantante colombiana.

Mortes miniatura|100px|Bertrand Russell. 1809 - Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, marqués de Sargadelos. 1902 - Ricardo Caruncho Crosa, militar, xornalista e escritor galego. 1907 - Dmitri Mendeleiev, químico ruso (n. 1834). 1921 - Michel Pacewicz, arquitecto francés de orixe polonesa (n. 1843). 1923 - Manuel Murguía, historiador e primeiro presidente da Real Academia Galega (n. 1833). 1929 - Enrique Zas Simó, xornalista e escritor galego (n. 1877). 1938 - George Ellery Hale, astrónomo norteamericano (n. 1868). 1946 - Benedicto Fuentes Díaz, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1912). 1969 - Boris Karloff, actor británico (n. 1887). 1970 - Bertrand Russell, matemático e filósofo británico. 1974 - Imre Lakatos, filósofo da ciencia húngaro. 1979 - Sid Vicious, cantante da banda de punk rock inglesa Sex Pistols. 1980 - William Howard Stein, químico estadounidense (n. 1911). 2002 - Felipe Fernández Armesto, escritor e xornalista galego (n. 1906). 2014 - Philip Seymour Hoffman, actor e director estadounidense (n. 1967).

Festas e celebracións Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional. Neste día celébrase o Día das Candeas ou Día da Candeloria. Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.

Tamén é tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros (Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola). En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.

O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.

Outros Santoral: A Presentación do Señor; Nosa Señora da Candelaria; Nosa Señora da Purificación; San Cornelio, centurión; San Lourenzo, bispo; San Cándido, mártir.

Os 366 días do ano

02