O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1776 - O Congreso Continental aproba a Declaración de Independencia dos Estados Unidos 1811 - En Chile, celébrase o Primeiro Congreso Nacional, presidido por Juan Antonio Ovalle. 1894 - Proclamada a República do Hawai, de curta duración. 1918 - No Imperio Otomán o Sultán Mehmed VI ascende ao trono. 1946 - Independencia de Filipinas 1960 - Hawai convértese nun dos estados dos USA. 1976 - En Buenos Aires a ditadura militar de Jorge Rafael Videla asasina tres sacerdotes e dous seminaristas palotinos no chamado masacre de San Patricio. 2012 - A policía recupera, en perfecto estado, o Códice Calixtino, roubado un ano antes do Arquivo da Catedral de Santiago.
Nacementos miniatura|100px|Giuseppe Garibaldi. miniatura|100px|Henrietta swan Leavitt. miniatura|100px|Francisco Díaz-Fierros. 1523 - Pier Francesco Orsini, condottiero italiano (m. 1583). 1790 - George Everest, xeógrafo e topógrafo galés (m. 1866). 1799 - Óscar I, rei de Suecia e de Noruega entre 1844 e 1859 (m. 1859). 1807 - Giuseppe Garibaldi, patriota italiano (m. 1882). 1868 - Henrietta Swan Leavitt, astrónoma (m. 1921) 1872 - Calvin Coolidge, 30º presidente estadounidense (m. 1933). 1902 - Arturo Souto, pintor galego (m. 1964). 1917 - Manolete, toureiro español (m. 1947). 1918 - Taufa'ahau Tupou IV, rei tongano (m. 2006). 1920 - Xosé Quiroga Suárez, político galego, primeiro presidente da Xunta de Galicia (m. 2006). 1926 - Alfredo Di Stéfano, futbolista arxentino (m. 2014). 1927 - Gina Lollobrigida, actriz italiana. 1927 - Watts Humphrey, informático estadounidense (m. 2010). 1941 - Francisco Díaz-Fierros, científico e escritor galego. 1952 - Álvaro Uribe Vélez, presidente colombiano entre 2002 e 2010. 1959 - Victoria Abril, actriz española. 1959 - Daniel Sturla, cardeal uruguaio. 1960 - Roland Ratzenberger, piloto austríaco de Fórmula 1 (m. 1994). 1961 - Miguel Sande, escritor e xornalista galego. 1973 - Camui Gackt, cantante xaponés, ex-integrante de Malice Mizer. 1983 - Miguel Ángel Muñoz, actor español.
Mortes miniatura|100px|Marie Curie. 1336 - Santa Sabela de Portugal, raíña e santa (n. 1271). 1826 - John Adams, 2º presidente estadounidense (n. 1735). 1826 - Thomas Jefferson, 3º presidente estadounidense (n. 1743). 1831 - James Monroe, 5º presidente estadounidense (n. 1758). 1848 - François-René de Chateaubriand, escritor e diplomático francés (n. 1768). 1902 - Swami Vivekananda, relixioso indio (n. 1863). 1905 - Élisée Reclus, xeógrafo francés (n. 1830). 1910 - Giovanni Schiaparelli, astrónomo italiano (n. 1835). 1931 - Marcial Lores García, tipógrafo, xornalista e sindicalista galego (n. 1870). 1934 - Marie Curie, científica francesa (n. 1867). 1949 - Manuel García Gerpe, avogado e político galego (n. 1908). 1992 - Astor Piazzolla, compositor arxentino (n. 1921). 2003 - Barry White, músico e cantante estadounidense (n. 1944). 2019 - Arturo Fernández, actor español (n. 1929). 2019 - Leon Kossoff, pintor inglés (n. 1926]])
Festas e celebracións Día da Independencia dos Estados Unidos de América
Outros Santoral: Sabela de Portugal.
Os 366 días do ano
04