O 5 de xullo é o 186º día do ano do calendario gregoriano e o 187º nos anos bisestos. Quedan 179 días para finalizar o ano.
Acontecementos 100px|miniatura|Portada da Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica. 1687 - Isaac Newton publica Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica. 1811 - Venezuela tórnase independente de España 1830 - Francia invade a Alxeria 1885 - Publícase na Habana o primeiro número d'A Gaita Gallega, primeira publicación monolingüe en galego da emigración americana 1943 - Inicio da Batalla de Kursk, a máis grande batalla de tanques de guerra da Historia, ocorrida na segunda guerra mundial 1951 - William Bradford Shockley inventou o transistor 1961 - Publícase Nimbos, pola Editorial Galaxia, poemario de Xosé María Díaz Castro. 1962 - Alxeria tórnase independente de Francia 1975 - Cabo Verde tórnase independente de Portugal. 1996 - Nace a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado (m. 2003) 2011 - Detéctase o roubo do Códice Calixtino, dos arquivos da Catedral de Santiago.
Nacementos miniatura|100px|Clara Zetkin. miniatura|100px|Alberto Vilanova. 1717 - Pedro III de Portugal, rei consorte de Portugal (m. 1786). 1802 - Pavel Nakhimov, almirante ruso (m. 1855). 1810 - P. T. Barnum, empresario e artista circense estadounidense (m. 1891). 1820 - William John Macquorn Rankine, enxeñeiro e físico escocés (m. 1872). 1849 - William Thomas Stead, escritor, xornalista e editor inglés (m. 1912). 1853 - Cecil Rhodes, home de negocios británico e o fundador do estado de Rodesia (m. 1902). 1857 - Clara Zetkin, política alemá (m. 1933). 1881 - Enrique Muíño, actor de teatro e cine galego-arxentino (m. 1956). 1885 - Blas Infante, político andaluz (m. 1936). 1889 - Jean Cocteau, escritor e cineasta francés (m. 1963). 1891 - John Howard Northrop, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Química en 1946 (m. 1987). 1894 - Margarita Nelken, escritora, crítica de arte e política española, unha das representantes do incipiente movemento feminista en España durante a década de 1930 (m.1968). 1910 - Alberto Vilanova, ensaísta e profesor galego (m. 1985). 1911 - Georges Pompidou, presidente de Francia (m. 1974). 1926 - Salvador Jorge Blanco, Presidente da República Dominicana (m. 2010). 1931 - José Antonio Fernández Romero, profesor universitario e tradutor español (m. 2011). 1932 - Gyula Horn, político húngaro (m. 2013). 1940 - Álvaro Porto Dapena, lexicógrafo galego (m. 2018). 1946 - Gerardus 't Hooft, físico holandés. 1949 - Felipe Arias, arqueólogo galego. 1951 - Alfredo Suárez Canal, político galego. 1953 - Ramón Máiz, politicólogo galego. 1958 - Veronica Guerin, xornalista irlandesa (m. 1996). 1963 - Edie Falco, actriz estadounidense. 1975 - Hernán Crespo, futbolista arxentino. 1976 - María do Cebreiro, escritora galega. 1979 - Amélie Mauresmo, tenista francesa. 1980 - Eva Green, actriz e modelo francesa. 1985 - Lucía Pérez, cantante galega 1986 - Piermario Morosini, futbolista italiano (m. 2012).
Mortes miniatura|100px|Albrecht Kossel. 1882 - Antonio Aguilar Vela, astrónomo español. 1911 - María Pia de Savoia, raíña de Portugal. 1927 - Albrecht Kossel, médico alemán, premio Nobel de Medicina en 1910. 1936 - Bonifacio Byrne, poeta cubano. 1966 - George de Hevesy, químico húngaro, premio Nobel de Química en 1943. 1969 - Walter Gropius, arquitecto alemán (n. 1883). 1989 - Ernesto Halffter, músico español (n. 1905). 2007 - Antón Mouzo, pintor galego (n. 1958). 2010 - Cesare Siepi, cantante de ópera italiano (n. 1923).
Festas e celebracións Día da Independencia en Venezuela, Alxeria e Cabo Verde (festivos nestes países)
Outros Santoral: Santo Antonio Maria Zacaria.
Os 366 días do ano
05