O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1298 - Batalla de Falkirk, en Escocia, entre as tropas de William Wallace e as de Eduardo I de Inglaterra. 1805 - Batalla naval de Fisterra. Unha frota franco-española é derrotada á altura do cabo Fisterra. 1894 - Celébrase a primeira carreira automobilística por estradas (París-Ruán); o récord de velocidade atínxeo o marqués Albert de Dion indo a 22 km/h. 1918 - O rei Afonso XIII declara Parque Nacional o macizo occidental das montañas de Covadonga, futuro Parque Nacional dos Picos de Europa. Foi o primeiro espazo protexido do país. 1942 - Comeza a deportación masiva de xudeus do Gueto de Varsovia, en Polonia 1945 - Xuntanza en Coruxo de 19 galeguistas que deciden formar un Comité executivo provisorio do Partido Galeguista na clandestinidade. 1987 - Fundación na Coruña da Asociación Galega de Compositores (AGC).

Nacementos miniatura|100px|Riane Eisler. 1779 - Antonio Benito Fandiño, político e escritor galego (m. 1831). 1784 - Friedrich Bessel, matemático alemán (m. 1846). 1860 - Manuel Castro López, xornalista e escritor galego (m. 1926). 1863 - Enrique Labarta Pose, escritor e xornalista galego (m. 1925). 1882 - Edward Hopper, pintor estadounidense (m. 1967).

1882 - Julio Ballesteros Curiel, militar e escritor galego (m. 1952).

1887 - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán (m. 1975).

1896 - Phil Jutzi, director de cine alemán (m. 1946). 1898 - Alexander Calder, escultor estadounidense (m. 1976). 1904 - Camilo Nogueira Martínez, escultor galego (m. 1982). 1937 - Riane Eisler, científica de sistemas 1946 - Paul Schrader, guionista e director de cinema estadounidense. 1946 - Mireille Mathieu, cantante francesa. 1955 - Willem Dafoe, actor estadounidense. 1968 - Mercedes Queixas, escritora galega. 1973 - Rufus Wainwright, cantautor estadounidense. 1975 - Eva Poveda, científica galega. 1992 - Selena Gomez, cantante e actriz estadounidense.

Mortes miniatura|100px|Errico Malatesta. 1826 - Giuseppe Piazzi, astrónomo e sacerdote italiano (n. 1746). 1853 - Errico Malatesta, teórico do anarquismo (n. 1925). 1908 - William Randal Cremer, político e pacifista británico (n. 1828). 1966 - Ricardo Gasset Alzugaray, avogado, xornalista e político galego (n. 1894). 1972 - Max Aub, escritor en lingua castelá de orixe franco-alemá (n. 1903). 1998 - Antonio Saura, artista español (n. 1930). 2000 - Carmen Martín Gaite, escritora española (n. 1925). 2001 - Indro Montanelli, xornalista e escritor italiano (n. 1909). 2007 - Miguel Anxo Araúxo Iglesias, bispo e escritor (n. 1920).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Madalena.

Os 366 días do ano

Categoría:Xullo