Galicia pode referirse a:
Toponimia Galicia ou Galiza, territorio localizado no noroeste da Península Ibérica. Segundo as normas de 2003 da Real Academia Galega: "...Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo." Macizo Galaico, macizo montañoso do noroeste da Península Ibérica. Gallaecia, provincia romana (298-c. 410). Reino suevo de Galicia, ou Reino da Gallaecia, despois do período romano (c. 410-585). Galicia visigoda, unha das tres unidades do reino visigodo (585-c. 714). Reino de Galicia, reino medieval e moderno (século VIII-1833). Rexión de Galicia, entidade territorial que substituíu o Reino de Galicia (1833-1981). República de Galicia, que só durou unhas poucas horas o 27 de xuño de 1931. Galicia (Halychyna, Galicja), rexión xeográfica e histórica de Europa Central, entre Polonia e Ucraína. Halych, cidade na beira do río Dnister, que deu nome ao territorio de Galicia e foi a capital até o século XIII. Principado de Galicia, principado da Rus de Kíiv (c. 1124-1199). Reino de Galicia-Volinia ou Reino de Rus, un reino medieval (1199-1349). Reino de Galicia e Lodomeria, parte da coroa dos Habsburgo, e despois do Imperio Austríaco e do austro-húngaro (1772-1918). Galicia occidental ou Nova Galicia, unha rexión administrativa do Imperio Austríaco (1795-1809), que se integrou no Reino de Galicia e Lodomeria en 1803. Galicia oriental, rexión na Ucraína Occidental que comprende o leste da rexión de Galicia. Goberno Xeral de Galicia e Bucovina, administración militar imperial rusa das partes orientais do Reino de Galicia e Lodomeria capturadas a Austria-Hungría na primeira guerra mundial (1914-1917). República Socialista Soviética de Galicia, autoproclamado Estado bolxevique trala ocupación da zona por forzas do Exército Vermello durante a guerra polaco-soviética en 1920. Distrito de Galicia, parte do Goberno Xeral nazi durante a ocupación de Polonia na segunda guerra mundial (1941-1944). Metrópole de Galicia, metrópole da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla (1303-1347 e 1371-1401). Arquidiocese de Galicia, bispado da Igrexa católica latina (1361-1414). Kíiv-Galicia, arquieparquía mor da Igrexa greco-católica ucraína (desde 1807). Lviv e Galicia, eparquía da Igrexa ortodoxa ucraína do patriarcado de Moscova (desde 1988).
Toponimia a partir da Galicia ibérica Galicia estremeira, territorios galegofalantes que na actualidade se atopan fóra das fronteiras de Galiza, baixo a administración de Castela e León e Asturias. Rexión militar de Galicia, división de tipo militar que existiu, con diferentes variacións, desde 1705 até 1984. Banco de Galicia, monte submarino no océano Atlántico a uns 200 km da costa galega. Nova Galicia, reino de Centroamérica nado como parte do Vicerreinado de Nova España (1531-1824). No século XVIII pasou a formar parte das intendencias de Guadalajara e de Zacatecas, actual México. Ao conquistar México a súa independencia este reino cambiou o seu nome polos estados libres e soberanos de Nayarit, Xalisco, Colima, Zacatecas e Aguascalientes. Nova Galicia, provincia de dito reino (1531-1786). Nova Galicia (Nueva Galicia), antigo nome dado ao Arquipélago de Chiloé, ao sur de Chile. Galicia, barangay (barrio) do municipio de Ilog, na provincia de Negros Occidental, en Filipinas. Galicia, barangay (barrio) do municipio de Madalag, na provincia de Aclán, en Filipinas. Galicia, localidade do municipio de Chicomuselo, no estado de Chiapas, en México. Cerro Galicia, cumio máis alto da serra de San Luís, no estado de Falcón, en Venezuela. Galiza, localidade da freguesía de Cascais e Estoril (Estoril), no concello de Cascais, en Portugal. Galiza, localidade da freguesía da Encarnação, no concello de Mafra, en Portugal.
Celebracións Día Nacional de Galicia (coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega), é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia. Celébrase o 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior. Día da Galiza Mártir, que se celebra o 17 de agosto como homenaxe ao galeguista Alexandre Bóveda, asasinado nesa data de 1936.
Historia
Gallaecia, provincia romana. Reino de Galicia, entidade política (século V - 1833) situada no suroeste de Europa, e no noroeste da Península Ibérica que foi evolucionando territorialmente ao longo dos séculos. República de Galicia, que só durou unhas poucas horas o 27 de xuño de 1931. República Soviética Independente de Galicia, proclamada en Ourense en 1932.
Política Xunta de Galicia, definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Xunta do Reino de Galicia, organismo de representación do Reino de Galicia (1528-1834). Xunta Suprema do Reino de Galicia, goberno soberano de Galicia durante o ano 1808. Xunta Superior de Galicia, institución para o armamento e defensa de Galicia (1809-1813). Xunta Superior de Galicia, constituída polos carlistas galegos ao comezo da primeira guerra carlista (1836). Xunta Central de Galicia, formada por representantes das xuntas locais en oposición á rexencia de María Cristina (1840). Xunta Central de Galicia, estabelecida polas xuntas locais en oposición á rexencia de Baldomero Espartero (1843). Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia, órgano extraordinario de goberno instaurado na sublevación de 1846. Xunta Revolucionaria da República Galega, proclamada como o goberno da República de Galicia (1931). Estatuto de Galicia pódese referir a: o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936 o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 Parlamento de Galicia, institución na que reside o poder lexislativo da Comunidade Autónoma de Galicia e é o máximo órgano representativo do pobo galego. Consello de Galiza, órgano político de Galicia no exilio que se lexitimaba no plebiscitado Estatuto de autonomía (1944-1976). Real Audiencia de Galicia, órgano de goberno e tribunal de xustiza do Reino de Galicia (1480-1834).
Centroeuropa Estados de Galicia, asemblea representativa entre 1775 e 1845. Asemblea de Galicia e Lodomeria, asemblea lexislativa ou parlamento do reino entre 1861 e 1918. Asemblea de Galicia, sesión conxunta dos consellos rexionais dos oblast de Lviv, Ternopil e Ivano-Frankivsk na República Socialista Soviética de Ucraína o 16 de febreiro de 1991.
Prensa Galicia Diplomática (Santiago, 1880-1893) Galicia. Revista Universal de este Reino (A Coruña, 1860-1865) Galicia Literaria (Ourense, 1883-1884) Galicia Católica (Santiago, 1883-1887) Galicia (Ferrol, 1885) Galicia Cómica (Pontevedra, 1885) Galicia Liberal (Santiago, 1885) Galicia Moderna (A Habana, 1885-1888) Galicia (A Coruña, 1887-1893) Galicia Humorística (Santiago, 1888) Galicia en Caricatura (Ourense, 1889). Galicia Recreativa (Pontevedra, 1890-1892) Galicia Ilustrada (A Habana, 1891) Galicia Cómica, revista editada na Coruña en 1893. Galicia Literaria (Buenos Aires, 1893). Galicia Agrícola, Comercial e Industrial (Vigo, 1895) Galicia Moderna (Pontevedra, 1897-1898) Galicia Histórica (A Coruña, 1901-1903) Galicia en América (Buenos Aires, 1901) Galicia, revista editada na Habana entre 1902 e 1930 Galicia en América (A Habana, 1904) Galicia en Madrid (Madrid, 1905-1906) Galicia, revista quincenal ilustrada, dirixida por Basilio Álvarez (Madrid, 1906-1909) Galicia (A Coruña, 1908) Galicia Solidaria (A Coruña, 1907-1908) Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa, 1907-1938) Galicia Pintoresca (A Coruña, 1908) Galicia Moza (Santiago, 1909) Galicia Deportiva, semanario editado en Vigo en 1909. Galicia Ilustrada (Ourense, 1910) Galicia Nueva, semanario editado na Coruña entre 1910 e 1915. Galicia Agrícola (Pontevedra, 1911) Galicia Gráfica (A Habana, 1913) Galicia, órgano do Centro Gallego de Buenos Aires (Buenos Aires, 1913-) Galicia Médica (Santiago, 1913-1918) Galicia Nueva (A Habana, 1916) Galicia Pintoresca (Vilalba, 1916-1918) Galicia (Montevideo, 1917-1931) Galicia Nueva (Montevideo, 1918) Galicia Sportiva (Vigo, 1918-1919) Galicia Social (Vigo, 1919-1968) Galicia. Diario de Vigo, xornal galeguista publicado en Vigo (Vigo, 1922-1926) Galicia (Buenos Aires, 1924) Galicia (A Coruña, 1924-1926) Galicia Gráfica (A Coruña, 1926-1929) Galicia Industrial y Comercial (A Coruña, 1926-1936) Galicia Agraria (A Coruña, 1927) Galicia Clínica (A Coruña, 1929) Galicia en Cataluña, publicación do Centro Galego de Barcelona (Barcelona, 1929) Galicia en Chile (Valparaíso, 1929) Galicia. Diario de la mañana (Ourense, 1930-1937) Galicia, órgano da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (Buenos Aires, 1930) Galicia Social Agraria (Mondoñedo, 1930-1936) Galicia Federal (Santiago, 1931) Galicia Nueva (Montevideo, 1931) Galicia Radical (Pontevedra, 1931-1933) Galicia. Revista Mensual Ilustrada (Madrid, 1932) Galicia en Madrid, Órgano del Lar Gallego (Madrid, 1932-1936) Galicia, semanario editado en Sada en 1933. Galicia Libre, dirixida por Luís Seoane (Buenos Aires, 1937) Galicia Libre (Madrid, 1937-1939) Galicia. Alianza Nazonal-Galega (México, 1944) Galicia y su Ganadería (Lugo, 1947) Galiza (Montevideo, 1951), dirixida por Isidoro Cid Rivo, voceiro do Frente Nazonal Repubricano Galego en Uruguay.; GEG; ESG90. Galicia (Centro Gallego de Caracas) (Caracas, 1951-1954) Galicia Emigrante (Buenos Aires, 1954-1959) Galicia Turística (A Coruña, 1960-1970) Galicia en Francia (París, anos 60) Galicia en Caracas (Caracas, 1967) Galicia en Mar del Plata (anos 60-80) Galicia Deportiva, semanario editado en Vigo desde 1970. Galicia en Loita (1974) Galicia Emigrante. Unión do Povo Galego (Xenebra, 1974-1976) Galicia Socialista (1976-1977) Galicia Hoxe (Xenebra, 1977) Galicia Obreira (A Coruña, 1977) Galicia Sindical (fins dos 70) Galicia 80, revista ourensá de tendencia nacionalista (Ourense, 1980) Galicia Agraria (Ourense, 1980) Galicia en Madrid (Madrid, 1982) Galicia Exprésese (Vigo, 1983) Galicia Moda (1983) Galicia Viva (Ourense, 1984-1985) Galicia en el Mundo (Vigo, 1993) Galicia Internacional (1995-1997) Galicia Alén (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1996) Galicia Hoxe (Santiago de Compostela, 2003) Galicia Confidencial, xornal dixital galego desde 2003. Galicia Diario, xornal dixital desde 2006. Galiza (Mondoñedo, 1930) Galiza. Órgano do Bloque Repubricán Nazonal Galego (París, 1947) Galiza Livre, xornal dixital galego desde 2001.
E tamén: Álbum Literario de Galicia, revista editada en Santiago de Compostela en 1860. Almanaque de Galicia, publicado en Lugo a partir de 1858. Almanaque de Galicia, publicado en Ferrol en 1891. Almanaque de Galicia, publicado en Buenos Aires en 1909. América-Galicia, revista editada na Coruña entre 1921 e 1922. El Amigo de Galicia, periódico publicado en Santiago de Compostela en 1866. El Amigo de Galicia, periódico publicado en Ourense entre 1866 e 1867. La Aurora de Galicia, semanario aparecido en Santiago de Compostela en 1845. La Aurora de Galicia, revista aparecida en Santiago de Compostela en 1871. La Autonomía de Galicia, periódico editado en Ferrol en 1894. El Baluarte de Galicia, periódico editado en Mondoñedo en 1893. Banco de Galicia, boletín editado en Montevideo de 1956 a 1966. Boletín Oficial de Galicia, publicado entre 1833 e 1834. Boletín Oficial da Xunta de Galicia, publicado entre 1978 e 1982, pasando a se denominar Diario Oficial de Galicia. El Centinela de Galicia, periódico editado na Coruña entre 1843 e 1844. El Clamor de Galicia, periódico editado na Coruña entre 1854 e 1856. El Clamor de Galicia, periódico editado en Lugo entre 1878 e 1887. El Clamor de Galicia, periódico editado na Coruña entre 1881 e 1885.