O 16 de decembro é o día número 350 do ano no calendario gregoriano e o número 351 nos anos bisestos. Quedan 15 días para rematar o ano.

Acontecementos 1740 - na actual Polonia, o rei prusiano Frederico II o Grande invade Silesia (nesa época parte do Imperio austríaco), o que inicia a guerra de Sucesión Austríaca. 1965 - Lanzamento de Pioneer 6 para estudar o espazo interplanetario. 1971 - Paquistán recoñece a independencia do Bangladesh, antigo Paquistán Oriental 1972 - Lanzamento do satélite artificial alemán Aeros 1. 1989 - Comeza unha revolución en Timisoara, Romanía, que leva a derrubar ao ditador Nicolae Ceaușescu 1990 - Jean-Bertrand Aristide é elixido presidente de Haití despois de 30 anos de ditadura 2003 - En Barcelona o parlamento catalán elixe a Pasqual Maragall presidente da Generalitat de Cataluña

Nacementos miniatura|100px|Julio Camba. 1770 - Ludwig van Beethoven, compositor alemán (m. 1827). 1775 - Jane Austen, novelista inglesa (m. 1817). 1811 - Xoán Manuel Pintos Villar, escritor e lexicógrafo do Rexurdimento galego (m. 1876). 1814 - Joan Prim i Prats, político español (m. 1870) 1865 - Olavo Bilac, poeta brasileiro (m. 1918). 1866 - Wassily Kandinsky, pintor e teórico de arte ruso. 1884 - Julio Camba, escritor humorístico e xornalista (m. 1962). 1901 - Margaret Mead, antropóloga cultural estadounidense. (m. 1978) 1902 - Rafael Alberti, poeta español. 1917 - Arthur C. Clarke, escritor inglés, autor de 2001, unha odisea do espazo. 1928 - Philip K. Dick, escritor estadounidense (m. 1982). 1930 - Carlos Baliñas Fernández, profesor e filósofo galego. 1937 - Edward Ruscha, artista estadounidense. 1938 - Liv Ullmann, actriz e directora de cine norueguesa. 1943 - Steven Bochco, produtor e guionista de televisión norteamericano. 1957 - Antonio Vega, músico español (m. 2009). 1982 - María Neves Soutelo, poeta galega. 1997 - Zara Larsson, cantante sueca.

Mortes miniatura|100px|Camille Saint-Saëns. 714 - Pipino II, mordomo de palacio de Austrasia. 1515 - Afonso de Albuquerque, militar portugués. 1774 - François Quesnay, economista francés (n. 1694). 1859 - Wilhelm Grimm, escritor e folclorista alemán (n. 1786). 1916 - Grigorii Rasputin, vidente ruso (n. 1864). 1921 - Camille Saint-Saëns, compositor, pianista e organista francés (n. 1835). 1922 - Eliezer Ben-Yehuda, filólogo hebreo (n. 1858). 1945 - Kurt Dinter, botánico e explorador alemán (n. 1868). 1965 - William Somerset Maugham, escritor británico (n. 1874). 1969 - Leo Mathisen, pianista e cantante de jazz dinamarqués (n. 1906). 1989 - Silvana Mangano, actriz italiana. 2011 - Manuel Jalón Corominas, inventor español que inventou a fregona en 1964 (n. 1925). 2015 - Xosé Fernández Ferreiro, escritor galego (n. 1931).

Festas e celebracións

Outros Santoral: Santa Adelaida, María dos Anxos.

Os 366 días do ano

Categoría:Decembro