Roberto Benigni, nado en Manciano La Misericordia, Castiglion Fiorentino, na Toscana, o 27 de outubro de 1952, é un actor e director italiano de cinema.

Traxectoria Apareceu en varias producións italianas como Il mostro ou Johnny Stecchino, normalmente escritas, dirixidas e protagonizadas por el. A súa muller Nicoletta Brasci adoita acompañalo nas súas películas que lle deron unha enorme fama en Italia e é considerado como o mellor actor cómico italiano dos anos noventa. Tamén participou na produción francesa de Astérix et Obélix contre César, onde daba vida ó mesquiño pero xenial Detritus.

Benigni é coñecido sobre todo pola súa traxicomedia La vita è bella , filmada en Cortona, que trata sobre un home que intenta protexer ó seu fillo durante o seu internamento nun campo de concentración nazi, contándolle que o Holocausto é un xogo e que deben ter moito coidado coas regras se queren gañalo. Na cerimonia dos Oscars a película obtivo tres galardóns: mellor actor, mellor película estranxeira e mellor banda sonora.

A súa peculiar versión de Pinocho foi un fracaso comercial en Italia e non chegou a estrearse en países como España, mentres que a súa película, La Tigre e la neve, ambientada na Guerra de Iraq e que retoma o fío agridoce e romántico de La vita è bella tivo máis sorte. Nela forma parella protagonista coa súa esposa.

Benigni foi comparado cos mellores actores cómicos da historia. Ten un certo aire de bufón que foi moitas veces comparado con Buster Keaton e ata con Chaplin.

Filmografía Como actor Ano Título Papel Notas 1976 Onda Libera Mario Cioni Programa de televisión 1977 Berlinguer ti voglio bene Mario Cioni1979 I giorni cantati Clair de Femme Barman Chiedo asilo Roberti A Lúa Upholsterer Letti selvaggi Principal 1980 Il Pap'occhio Benigni1981 Il minestrone Il maestro Grolla d'oro Anche i ladri hanno un santo1983 Effetti personali Tu mi turbi Benigno Tutto Benigni Himself1984 Non ci resta che piangere Saverio Tamén director Cinématon Himself 1986 Baixo o peso da lei Roberto 1988 Il piccolo diavolo Giuditta Tamén director 1990 La voce della luna Ivo Salvini1991 Noite na terra Condutor (Roma) Johnny Stecchino Dante, Johnny Stecchino 1993 Son of the Pink Panther Jacques Gambrelli 1994 Il mostro Loris Tamén director 1997 La vita è bella Guido Orefice 1999 Astérix et Obélix contre César Lucius Detritus2002 Roberto Benigni – Chaos With Method Pinocchio Pinocchio Tamén director 2003 Coffee and Cigarettes Roberto segmento "Strange to Meet You" 2005 La tigre e la neve Attilio de Giovanni Tamén director 2012 To Rome with Love Leopoldo Pisanello

Como director Ano Filme Notas1983 Tu mi turbi Tamén protagonista1984 L'addio a Enrico Berlinguer Filme documental1985 Non ci resta che piangere Tamén protagonista1988 Il piccolo diavolo Tamén protagonista1991 Johnny Stecchino Tamén protagonista1994 Il mostro Tamén protagonista1997 La vita è bella Tamén protagonista2002 Pinocchio Tamén protagonista2005 La tigre e la neve Tamén protagonista

Premios Oscars Ano Categoría Película Resultado1998Oscar ao mellor directorLa vita è bellaCandidato1998Oscar ó mellor actorLa vita è bellaGañador1998Oscar ó mellor guión orixinalLa vita è bellaCandidato

Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados na provincia de Arezzo Categoría:Óscar ó mellor actor