Eduardo Noriega, nado en Santander o 1 de agosto de 1973, é un actor cántabro.
Biografía É o pequeno de sete irmáns e o único deles que se dedicou á interpretación. A súa primeira vocación foi a música e por iso estudou durante cinco anos solfexo, harmonía, coral e piano no conservatorio da súa cidade natal.
Ó cabo dos anos quixo ampliar horizontes e foise a Madrid a estudar na Escola de Arte Dramática. As súas primeiras incursións no cine foron en varias curtas con directores, entón noveis, como Alejandro Amenábar con quen máis adiante realizaría dúas películas.
Noriega tardou relativamente pouco en gañarse un nome dentro do panorama cinematográfico español, sobre todo a partir do seu papel protagonista en Abre los ojos, polo cal obtivo a súa primeira candidatura ao Goya á Mellor Interpretación Masculina.
Desde entón, Eduardo interveu en películas tan taquilleiras como Nadie conoce a nadie de Mateo Gil ou El espinazo del diablo de Guillermo del Toro.
En Plata Quemada de Marcelo Piñeyro púxose na pel dun ladrón que fuxía da policía xunto a Leonardo Sbaraglia.
Filmografía Longametraxes Ano Película Director 2008 Vantage Point Pete Travis 2006 Alatriste Agustín Díaz Yanes 2005 Che Josh Evans 2005 El método Marcelo Piñeyro 2004 El Lobo Miguel Courtois 2003 Las manos vacías Marc Recha 2002 Guerreros Daniel Calparsoro 2001 Novo Jean-Pierre Limosin 2000 Visionarios Manuel Gutiérrez Aragón 2000 El espinazo del diablo Guillermo del Toro 1999 Plata quemada Marcelo Piñeyro 1999 Nadie conoce a nadie Mateo Gil 1999 El invierno de las Anjanas Pedro Telechea 1998 Carretera y manta Alfonso Arandia 1998 La fuente amarilla Miguel Santesmases 1997 Cha-cha-cha Antonio del Real 1997 Cuestión de suerte Rafael Moleón 1996 Abre los ojos Alejandro Amenábar 1996 Más allá del jardín Pedro Olea 1995 Cuestión de suerte Rafael Moleón 1995 Tesis Alejandro Amenábar 1994 Historias del Kronen Montxo Armendáriz
Curtametraxes Ano Película Director 1999 Allamiento de morada Mateo Gil 1995 David Carlos Montero 1994 Una historia más Doménicao Ciolfi 1994 Soñé que te mataba Mateo Gil 1993 Luna Alejandro Amenábar 1993 En casa de Diego Carlos Montero
Televisión Colegio Mayor: Serie de Telemadrid 1994 Colegio Mayor: Serie de TVE 1996 -1997
Véxase tamén Ligazóns externas Eduardo Noriega Fan, sitio sobre Eduardo Noriega (en inglés)
Categoría:Actores de España Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1973