Salma Valgarma Hayek-Jiménez, nada en Coatzacoalcos (Veracruz) o 2 de setembro de 1966Salma Hayek - Biografía, é unha actriz mexicana, máis coñecida como Salma Hayek. Nomeada ós Premios Oscar da Academia como mellor actriz pola súa interpretación en Frida.
Traxectoria Os seus pais son o político e home de negocios Sami Hayek Dominguez, e a cantante de ópera Diana Jiménez. De pequena estudou en Luisiana (Estados Unidos de América) e viviu en Texas. De regreso a México estudou Relacións Internacionais, pero deixou os seus estudos universitarios polos de actuación.
O seu primeiro traballo artístico foi na obra Aladino e a lámpada marabillosa, onde a viu un produtor de televisión que lle ofreceu un papel na súa primeira telenovela Un Nuevo Amanecer en Televisa. A súa impactante beleza causou que o seu segundo papel fóra de protagonista na telenovela Teresa, que foi un grande éxito.
Malia ese grande éxito, decidiu deixalo todo en México e volver empezar nos Estados Unidos. Estudou interpretación nos Ánxeles (California) e obtivo pequenos papeis nalgunhas películas menores e programas de televisión por cable. O seu primeiro gran papel foi na película Desperado con Antonio Banderas. O director da película, Robert Rodríguez, elixiuna para actuar de novo con Bandeiras en Four Rooms, Spy Kids e a secuela de Desperado (O mexicano, ademais de Aberto ata o amencer con George Clooney. Actuou noutras películas con Penélope Cruz, Mike Myers, Will Smith, Matt Damon, Pierce Brosnan e a súa parella por varios anos, Edward Norton.
En 2002 presentouse a súa película Frida sobre a pintora mexicana Frida Kahlo, o traballo de varios anos da súa compañía de produción (Ventana Rosa) resultou nomeada en 6 categorías dos Oscar incluíndo Mellor Actriz para Hayek. O filme obtivo 2 premios (Maquillaxe e Música Orixinal).
Desde 2004 o seu rostro é o estandarte de Avon, anteriormente fixo a mesma función para Revlon en 1998. Ademais é considerada unha das actrices mellor vestidas de Hollywood.
En marzo de 2007 dáse a coñecer que está embarazada e comprometida co empresario francés François-Henri Pinault, cuxa firma é propietaria de Gucci e Yves Saint Laurent.
Filmografía South of the border (2008) Lonely Hearts (2006) Sian Ka'an (voz) (2005) Pregúntalle ao vento (2005) Bandidas (2005) con Penélope Cruz After the Sunset (2004) O mexicano (2003) Spy Kids 3-D: Game Over (2003) Frida (2002) En el tiempo de las mariposas (2001) Hotel (2001) Traffic (2000) La Gran vida (2000) Chain of Fools (2000) Timecode (2000) Wild Wild West (1999) El Coronel no tiene quien le escriba (1999) Dogma (1999) The Faculty (1998) The Velocity of Gary (1998) 54 (1998) Sistole Diastole (1997) Breaking Up (1997) The Hunchback (1997) Fools Rush In (1997) Fled (1996) Follow Me Home (1996) Sólo los tontos se enamoran (1996) Aberto ata o amencer (1996) Fair Game (1995) Four Rooms (1995) Desperado (1995) El Callejón de los milagros (1995) Roadracers (1994) Mi vida loca (1993)
Televisión Ugly Betty (2006) (produtora executiva) The Sinbad Show (1993)
Telenovelas El Vuelo del águila (1996) Teresa (1989) Un Nuevo amanecer (1988)
Premios Oscars Ano Categoría Película Resultado2003Oscar á mellor actrizFridaCandidata
Globos de Ouro Ano Categoría Película Resultado2003Globo de Ouro á mellor actriz - DramaFridaCandidata
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados no estado de Veracruz Categoría:Mexicanos de ascendencia libanesa Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Actores de televisión de México Categoría:Actores de teatro de México Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra