Abre los ojos é un filme español do ano 1997, dirixido por Alejandro Amenábar. Protagonizado por Eduardo Noriega, Penélope Cruz e Najwa Nimri, o filme conta coa colaboración dos actores de orixe galega Chete Lera, José Ángel Egido e Tristán Ulloa.

Sinopse César (Eduardo Noriega) é un mozo guapo e rico ó que lle gustan moito as mulleres pero moi pouco o compromiso. Con todo na festa do seu aniversario namórase de Sofía (Penélope Cruz), a acompañante do seu mellor amigo. Nuria (Najwa Nimri), unha antiga amante de César, movida polos celos provoca un accidente de coche no que ela falece e César queda completamente desfigurado. A partir dese momento a súa vida cambia por completo, converténdose nun horrible pesadelo.

Elenco Eduardo Noriega como César Penélope Cruz como Sofía Chete Lera como Antonio Fele Martínez como Pelayo Najwa Nimri como Nuria Gérard Barray como Duvernois Jorge de Juan como Encargado Miguel Palenzuela como Commisario Pedro Miguel Martínez como Médico xefe Ion Gabella como Recluso paranoico Joserra Cadiñanos como Garda Tristán Ulloa como Camareiro Pepe Navarro como Presentador TV Jaro como Médico 1 Walter Prieto como Médico 2 Carola Angulo como Médico 3 Fanny Gautier como Secretaria Luis García como Garda xurado 1 Javier Martín como Garda xurado 2 José Ángel Egido como Policía Richard Cruz como Condutor Raúl Otegui como Rapaz servizos

Repercusión No ano 2001 rodouse en Estados Unidos Vanilla Sky, un remake en inglés de Abre los ojos, no que Penélope Cruz volveu interpretar o papel de Sofía.

Alejandro Amenábar negou calquera influencia da película coa novela de ciencia ficción Ubik (1969), de Philip K. Dick, coa que garda algunhas similitudes.

Banda sonora Vol. #1 "Glamour" - Amphetamine discharge (6:03) "Risingson (otherside remix)" - Massive Attack (5:29) "El detonador EMX-3" - Chucho (5:17) "How do" - Sneaker pimps (5:04) "Sick of you" - Onion (4:28) "T-sebo" - Side effects (5:44) "Flying away" - Smoke City (3:50) "Arrecife" - Los coronas (3:11) "Yo mismo" - If (3:37) "Tremble (goes the night)" - The walkabouts (5:02) "El detonador remix" – Chucho / Side effects (5:01)

Vol. #2 (Instrumental) "Abre los ojos" (2:28) "Sofía" (1:12) "Soñar es una mierda" (1:04) "La operación" (1:33) "¿Dónde está Sofía?" (0:54) "El parque" (3:08) "Hipnosis" (2:20) "Quítate la careta" (2:56) "Eres mi mejor amigo" (2:41) "La única explicación" (2:05) "Quiero verte" (6:38) "Esa sonrisa" (0:53) "Deja vu" (1:51) "Excarcelación" (4:28) "La vida" (1:46) "La azotea" (5:21) "Créditos finales" (3:31)

Todos os temas compostos por Alejandro Amenábar e Mariano Marín, interpretados pola orquestra filharmónica Cidade de Praga, dirixida por Mario Klemens.

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Alejandro Amenábar Categoría:Filmes rodados en Madrid