O 30 de xaneiro é o 30º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 335 días para finalizar o ano, 336 nos anos bisestos.

Acontecementos 1649 - en Londres é decapitado o rei Carlos I de Inglaterra. 1930 - O ditador Primo de Rivera presenta a súa dimisión ao rei Afonso XIII de España. 1969 - Último concerto público dos Beatles, na azotea do edificio de Apple Corps, en Londres. Separáronse o ano seguinte. 1972 - Derry. Domingo Sanguento.

Nacementos

1697 - Johann Joachim Quantz, compositor e frautista alemán. (m. 1773) 1721 - Bernardo Bellotto, pintor e gravador veneciano (m. 1780). 1830 - Henri Rochefort, escritor, xornalista e político francés (m. 1913). 1878 - Anton Hansen Tammsaare, escritor estoniano (m. 1940). 1882 - Franklin D. Roosevelt, presidente dos Estados Unidos (m. 1945). 1905 - Armando Fernández Mazas, mestre, xornalista e escritor galego (m. 1996). 1907 - Hipólito de Sá Bravo, escritor galego (m. 2001). 1912 - Horst Matthai Quelle, escritor e filósofo alemán en lingua castelá. (m. 1999) 1912 - Barbara Tuchman, escritora e historiadora estadounidense. (m. 1989) 1927 - Olof Palme, primeiro ministro de Suecia. 1930 - Gene Hackman, actor e escritor estadounidense. 1932 - Carlos Otero Díaz, economista e político galego (m. 2005). 1934 - Giovanni Battista Re, cardeal italiano. 1937 - Boris Spassky, xadrecista ruso. 1937 - Vanessa Redgrave, actriz inglesa. 1946 - Armando Salas, debuxante e ilustrador galego. 1949 - Peter Agre, biólogo estadounidense. 1949 - Henry Cele, actor surafricano (m. 2007). 1960 - Manuel Balboa Rodríguez, músico e compositor coruñés. Nomeado en 1994 a un premio Goya (m. 2004). 1966 - Andrey Skoch, deputado da Duma Estatal da Federación Rusa, filántropo 1968 - Filipe de Borbón e Grecia, príncipe de Asturias. 1971 - Erik Rubín, actor e cantante mexicano. 1974 - Christian Bale, actor británico.

Mortes miniatura|100px|Mahatma Gandhi. 1649 - Carlos I de Inglaterra, rei de Inglaterra, Escocia, e Irlanda (n. 1600). 1838 - José Pimentel Montenegro, militar e político galego (n. 1786). 1928 - Johannes Andreas Grib Fibiger, médico danés (n. 1867). 1934 - Mercedes Tella, pedagoga e escritora galega. 1948 - Mahatma Gandhi, político e líder espiritual hindú é asasinado por un fanático (n. 1869). 1951 - Ferdinand Porsche, enxeñeiro austríaco (n. 1875). 1976 - Arnold Gehlen, filósofo e sociólogo alemán (n. 1904). 1978 - László Nagy, poeta húngaro (n. 1925). 1991 - Josep Ferrater Mora, filósofo e escritor catalán (n. 1912). 1996 - José Gómez Posada-Curros, xornalista e escritor galego (n. 1900). 2002 - Inge Morath, fotógrafa austríaca (n. 1923). 2014 - Félix Grande, poeta e crítico español (n. 1937). 2015 - Carl Djerassi, químico e escritor austríaco-estadounidense. 2020 - Mauro Varela Pérez, avogado e político galego (n. 1941).

Festas e celebracións

Día da Ilustración, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) A escolla do día corresponde á data do nacemento de Castelao, en 1886, que tradicionalmente se pensaba que sucedera o día 30 ata que se comprobou no certificado de nacemento que nacera o día 29 e fora bautizado o día 30. Día Escolar da Paz e da Non Violencia (en lembranza do asasinato de Gandhi neste día de 1948)

Santoral Santa Martiña.

Outros

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Xaneiro