Os pseudocelomados (Pseudocoelomata) (do grego pseudo: falso, celoma: cavidade) tamén chamados asquelmintos (Aschelminthes) ou segundo outros autores blastocelomados (Blastoceolomata) son un conxunto de filos que teñen unha cavidade corporal distinta a da dos animais celomados, nos cales a súa orixe é mesodérmica. No caso do grupo a que nos estamos a referir a cavidade aparece entre o intestino e a parede do corpo e non está tapizada polo peritoneo polo que non constitúe un verdadeiro celoma, de aí o nome de pseudoceloma (ou pseudocele) para a cavidade e pseudocelomados para o grupo que a presenta. Este grupo de animais antigamente formaban un filo único, os asquelmintos (Aschelmintha), que incluía a todos os pseudocelomados menos os acantocéfalos pero logo se decidiu facer filos independentes para cada unha das clases que formaban o mesmo.
Clasificación
Taxonomía
Os pseudocelomados constitúen un grupo representado polos seguintes filos de animais: Phylum Rotifera (Rotiferos) Phylum Gastrotricha (Gastrotricos) Phylum Entoprocta (Entoproctos) Phylum Kinorhyncha (Quinorrincos) Phylum Priapulida (Priapulidos) Phylum Nematoda (Nematodos) Phylum Nematomorpha (Nematomorfos) Phylum Acanthocephala (Acantocefalos) Phylum Loricifera (Loriciferos)
Véxase tamén
Outros artigos Celoma
Bibliografía Meglitsch P.A.: Zoología de invertebrados Ed. Pirámide. Grassé, P.P.: Zoología-1. Ed. Masson. Ligazóns externas
Categoría:Invertebrados