Gordon Banks, nado en Sheffield, o 30 de decembro de 1937 e finado en Stoke-on-Trent, Midlands do Oeste, o 12 de febreiro de 2019, foi un futbolista inglés.

Traxectoria Está considerado un dos mellores porteiros da historia. Xogou coa selección inglesa 72 veces e foi un dos piares do equipo que gañou o Mundial de Fútbol en 1966. En Inglaterra era coñecido como "Banks of England" debido á súa habilidade. En inglés é un xogo de palabras con "Bank of England" (Banco de Inglaterra).

Xogou nos seguintes clubs:

1955-59 Chesterfield F.C. 1959-67 Leicester City F.C. 1967-72 Stoke City F.C. 1977-78 Fort Lauderdale Strikers 1980 Adestrador do Telford United

Foi galardoado coa OBE no ano 1972. Ese mesmo ano perdeu a visión nun ollo a consecuencia dun accidente de tráfico.

Moita xente atribúe a Gordon Banks a mellor parada de tódolos tempos. Foi no Mundial de 1970, contra o Brasil, cando rexeitou un maxistral testarazo de Pelé axustado ó pau amosando unha axilidade abraiante que foi recoñecida polo propio Pelé.

Notas

Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do Chesterfield FC Categoría:Xogadores do Leicester City FC Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Sheffield Categoría:Finados en 2019 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial