Acontecementos Asia Fundación do reino Mon de Hongsavadi en Birmania. Inicio do reinado de To Po, kaghan dos türüks (turcos) orientais (até 581) O rei persa Cosroes I toma a cidade fronteiriza de Daraa, o que abre a guerra entre Persia e Bizancio.
Europa O rei visigodo Leovixildo, conquista a rexión de Sabaria (actuais provincias de Salamanca e Zamora, aproximadamente), territorio até entón controlado polo reino suevo. En Toledo declárase unha peste bubónica, que provoca miles de mortes. Batalla de Arfderydd: Gwenddoleu ap Ceidio é vencido e morto por unha coalición de bretóns guiada por Peredyr Arueu Dur.
Nacementos Abu Bakr, futuro sogro de Mahoma e futuro califa do islam. Jing, emperador da dinastía Zhou do Norte, na China.
Mortes Narsés, xeneral bizantino de Xustiniano I.
Outros Declárase unha epidemia de peste no Imperio bizanttino, que durara até o seguinte ano de 574.
Historia ano a ano
Categoría:573