Nick Cave and The Bad Seeds é unha banda de Rock/post-punk cun elenco internacional e flutuante. Foi formada en 1983 por dous membros da desaparecida banda australiana The Birthday Party: Nick Cave (cantante, compositor) e o músico Mick Harvey. Uníuselles o guitarrista Blixa Bargeld, membro da banda alemá Einstürzende Neubauten, o ex-guitarrista da banda Magazine Hugo Race e o tamén membro desta última banda Barry Adamson, baixista e pianista. Con este elenco a banda gravou e lanzou o seu álbum debut From Her To Eternity en 1984.

Durante a súa primeira xira australiana, Tracy Pew, baixista e guitarrista de The Birthday Party tamén actuou coa banda.

Nick Cave and the Bad Seeds apareceron na película de Wim Wenders Der Himmel über Berlin (1987).

Aliñación Os catro integrantes esenciais Nick Cave - voz, piano (1984—) Mick Harvey - guitarra, baixo, teclados, percusións (1984—) Blixa Bargeld - guitarra, voz (1984–2003) Thomas Wydler - percusións (1985—)

A banda incluíu músicos que, grazas ó seu impacto no son da banda, gañáronse o estatuto de "malas sementes":

O resto dos Bad Seeds Martyn P. Casey - baixo (1991—) Conway Savage - piano, teclados (1991—) Warren Ellis - violín (1993—) Jim Sclavunos - percusións (1996—) James Johnston - guitarra, teclados (2004—)

Outras Bad Seeds Anita Lane - compositora Barry Adamson - baixo, percusión Hugo Race - guitarra Rowland S. Howard - guitarra Tracy Pew (falecido) - baixo Kid Congo Powers - guitarra Roland Wolf (falecido) - piano

Nacionalidade dos compoñentes Nick Cave, o líder da banda, mudouse de Melbourne a Londres en 1980. Desde que formou The Bad Seeds en 1984 viviu en Berlín, São Paulo, Londres e Brighton. Os membros internacionais da agrupación xúntanse para gravar e actuar en xiras. As nacionalidades dos membros actuais e previos de The Bad Seeds son:

Australianos: Nick Cave, Mick Harvey, Hugo Race, Martyn P. Casey, Conway Savage, e Warren Ellis. Británicos: Barry Adamson e James Johnston. Alemáns: Blixa Bargeld e Roland Wolf. Suízo: Thomas Wydler. Estadounidenses: Kid Congo Powers e Jim Sclavunos.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo From Her to Eternity 1984 Mute Records The Firstborn Is Dead 1985 Mute Records Kicking Against the Pricks 1986 Mute Records Your Funeral... My Trial 1986 Mute Records Tender Prey 1988 Mute Records The Good Son 1990 Mute Records Henry's Dream 1992 Mute Records Let Love In 1994 Mute Records Murder Ballads 1996 Mute Records The Boatman's Call 1997 Mute Records, Reprise Records No More Shall We Part 2001 Mute Records Nocturama 2003 Mute Records, ANTI- Abattoir Blues / The Lyre of Orpheus 2004 Mute Records Dig, Lazarus, Dig!!! 2008 Mute Records, ANTI- Push the Sky Away 2013 Bad Seed Ltd Skeleton Tree 2016 Bad Seed Ltd. Ghosteen 2019 Bad Seed Ltd., GhosteenWild God2024 PIAS Recordings

Álbums en vivo e compilacións Live Seeds (1993). The Best Of (1998). B-Sides & Rarities (3CD) (2005). Lovely Creatures: The Best of Nick Cave and the Bad Seeds (2017).

Véxase tamén OUtros artigos Nick Cave Anita Lane Kylie Minogue

Ligazóns externas

Sitio web oficial (en inglés) Bad-Seed.org - Sitio para afecionados á banda

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de Melbourne Categoría:Grupos musicais formados en 1983