Abdón Rodríguez Santos, nado en Ourense o 16 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 1971, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria miniatura|Paisajes mentales, 1928. Fillo de José María Rodríguez Iglesias. Fixo os estudos primarios no Colexio San José de Calasanz que rexentaba Pío Ramón Ojea. Cursou a carreira eclesiástica que máis tarde abandonou. Marchou a Cuba e dedicouse ao comercio, a ensinanza e o xornalismo. Co seu irmán Luís publicaron por entregas en Diario de la Marina a novela curta Los harapos del lujo en 1907.Diario de la Marina, 3-9-1907, p. 10. Foi membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que foi vicesecretario en 1911.Galicia, 11-7-1911, p. 7. Colaborou en Labor Gallega e nas revistas editadas na Habana Galicia, Suevia, Galicia Gráfica, La Patria Gallega, La Alborada, La Tierra Gallega, Eco de Galicia, Alma Gallega e Heraldo de Galicia. Retornou a España a mediados dos anos vinte e dedicouse aos seguros. Amigo e íntimo colaborador de Roberto Blanco Torres, viaxou con el a Marrocos en 1929. A principios dos anos trinta instalouse en Madrid. Militou no Partido Republicano Federal.El Liberal, 31-8-1930, p. 6. Durante a guerra civil permaneceu en Madrid, traballando como axente de seguros e mestre. En setembro de 1939 foi acusado de derrotismo.Expte. nº 39 instruido contra RODRIGUEZ SANTOS, Abdón por el delito/s de Derrotismo. No franquismo traballou como inspector de seguros de La Mutua Franco Española,La Región, 29-7-1941, p. 2. e colaborou en La Región e El Progreso. Nos anos cincoenta instalouse ne Bilbao."Abdón Rodríguez Santos" por Ben-Cho-Shey, La Región, 26-7-1958, p. 3. Finou en Madrid o 2 de xaneiro de 1971.La Región, 12-1-1971, p. 3.
Obra Amor y Feminismo - Conferencia, 1916. Paisajes mentales, 2 tomos, 1928 e 1932. El hombre de la calle, 1934.
Vida persoal Casou na Habana con Marina López Rosabal o 9 de febreiro de 1910,Galicia, 12-2-1910, p. 6. coa que tivo tres fillos: Abdón, Raquel Rodrigo e Luis Manuel Rodríguez López. Marina faleceu en Madrid o 6 de setembro de 1979.Necrolóxica en ABC
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en 1885 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes