A selección de fútbol de Bélxica é a representante futbolística de Bélxica e está baixo o control da Union Royale Belge des Sociétés de Football Association - Koninklijke Belgische Voetbalbond (URBSFA/KBVB), pertencente á UEFA. O equipo belga é coñecido popularmente como os Rode Duivels ou Diables Rouges (Diaños Vermellos en neerlandés e francés, respectivamente) por mor da cor da súa camisola.
Os seus partidos coma local adoitaos xogar no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas (en neerlandés: Koning Boudewijnstadion, en francés: Stade Roi Baudouin), antigamente coñecido como Heysel que foi triste teatro da traxedia da final da Copa de Europa entre a Juventus e o Liverpool F.C. o 29 de maio de 1985, cando 39 espectadores morreron durante as disputas entre adeptos de ambos equipos. O estadio foi completamente remodelado.
Bélxica participou nun total de once Mundiais, acanzando o seu mellor posto en México 1986, cando chegaron ás semifinais e acadaron o carto posto, tras ser derrotados nas mesma por . Os Diaños Vermellos teñen o récord de asistencias a unha Copa Mundial ininterrompidas por vía de clasificatorias, xa que se clasificou de xeito consecutivo en seis ocasións dende 1982 a 2002. O combinado belga tamén conseguiu bos resultados na Eurocopa, aínda que sen conseguir gañala nunca, sendo o seu mellor posto o subcampionato acadado en Italia 1980. Nos Xogos Olímpicos, Bélxica gañou a medalla de ouro en 1920 cando foi a anfitrioa en Anveres. En 1900, un representante belga (a Universidade de Bruxelas) obtivo a medalla de bronce no torneo de exhibición.
Historia miniatura|esquerda|140px|Jean-Marie Pfaff Bélxica xogou o seu primeiro partido oficial o 1 de maio de 1904 nun empate 3-3 fronte a selección de Francia. Con todo, antes dese encontro, unha selección belga xogara xa varios partidos, mais nesa selección xogaban tamén algúns xogadores ingleses, polo que estes non se contabilizan. Por exemplo, Bélxica venceu aos por 8-0 o 28 de abril de 1901 coa axuda dalgúns ingleses. Decidiuse entón que Bélxica xogaría dúas veces ao ano contra os Países Baixos a partir de 1905, polo xeral unha vez en Anveres e unha vez en Rotterdam (máis tarde Ámsterdan). Nese momento, o equipo nacional foi elixido por un comité de representantes dos seis ou sete principais clubs.
O equipo foi alcumado os Diaños Vermellos polo xornalista Pierre Walckiers despois da súa vitoria 3-2 sobre os propios Países Baixos en Rotterdam en 1906. O alcume deriva do feito de que dende o principio e até hai pouco, o equipamento era completamente de cor vermella. Durante as seguintes seis décadas, Bélxica estabeleceuse como un sólido equipo de segundo nivel, de cando en cando na carreira por gañar un torneo maior. Unha das vantaxes clave do equipo foi o uso sistemático da trampa do fóra de xogo, unha táctica defensiva desenvolvida na década de 1960 polo R.S.C. Anderlecht e o seu adestrador, o francés Pierre Sinibaldi.
O período de maior éxito comezou cando terminou segundo na Eurocopa 1980, así a década de 1980 e comezos da de 1990 está considerada en xeral a idade de ouro da selección. Baixo a dirección de Guy Thys, quen adestrou a selección durante máis de 100 partidos oficiais, Bélxica estableceu unha reputación de ser un equipo físico, ben organizado, difícil xogar en contra e con rigor na organización do equipo, reforzado por varios xogadores de clase mundial, como o porteiro Jean-Marie Pfaff, o lateral dereito Eric Gerets, o mediocampista Jan Ceulemans, e o volante Enzo Scifo. As actuacións da selección eran ás ás veces pobres contra os equipos de rango inferior, mais case sempre inspiradas contra os mellores equipos. Até hai pouco, como en 2002, aos equipos nacionais de clase mundial non lles gustaba a idea de xogar ante os Diaños Vermellos, nin sequera a seguinte campioa mundial, o Brasil. Así, os belgas case eliminan os suramericanos do mundial. Dende entón, con todo, o equipo foi perdendo nivel e non foi capaz de recuperar a súa reputación pasada.
Despois de fallar na clasificación para o mundial de 2006, feito que ocorría por primeira vez dende 1978, o contrato do adestrador da selección, Aimé Anthuenis, non foi renovado, e decidiuse o 22 de decembro de 2005 que René Vandereycken sería o seu subtituto. Porén, o equipo non mellorou e os Diaños Vermellos baixaron ao posto máis baixo da clasificación da FIFA da súa historia, o 71, en xuño de 2007. Despois de non lograr clasificarse para a Eurocopa de 2008 e ao Mundial 2010, cun pobre rendemento, Vandereycken foi destituído o 7 de abril de 2009. Despois dunha sorprendente perda de 2-1 contra o 9 de setembro de 2009, Vercauteren renunciou antes do previsto e deu paso ao novo adestrador, Dick Advocaat. Con todo, o 15 de abril de 2010, despois de só seis meses no cargo, Advocaat renunciou no medio de especulacións de que ía converterse no adestrador de . Os rumores resultaron verdadeiros e Georges Leekens foi anunciado como o próximo seleccionador o 11 de maio de 2010.
Resultados Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Primeira fase 11° 2 0 0 2 0 4 border|20px|Italia Italia 1934 Primeira fase 15° 1 0 0 1 2 5 Francia 1938 Primeira fase 12° 1 0 0 1 1 3 border|20px|Brasil Brasil 1950Retirouse Suíza 1954 Primeira fase 12° 2 0 1 1 5 8 Suecia 1958Non se clasificou Chile 1962 Inglaterra 1966 México 1970 Primeira fase 10° 3 1 0 2 4 5 Alemaña 1974Non se clasificou Arxentina 1978 España 1982 Segunda fase 10° 5 2 1 2 3 5 México 1986 Semifinais 4° 7 2 2 3 12 15 Italia 1990 Oitavos de final 11° 4 2 0 2 6 4 Estados Unidos 1994 Oitavos de final 11° 4 2 0 2 4 4 Francia 1998 Primeira fase 19° 3 0 3 0 3 3 Corea/Xapón 2002 Oitavos de final 19° 4 1 2 1 6 7 Alemaña 2006Non se clasificou Suráfrica 2010 Brasil 2014 Cuartos de final 6° 5 4 0 1 6 3 Rusia 2018 Semifinais 3° 7 6 0 1 14 6 Total - 18°36109174663
Eurocopa Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Francia 1960Non participou border|20px|España España 1964Non se clasificou Italia 1968 Bélxica 1972 Semifinais 3° 2 1 0 1 3 3 Iugoslavia 1976Non se clasificou Italia 1980 Subcampión 2° 3 1 2 1 4 4 Francia 1984 Primeira fase 6° 3 1 0 2 4 8 Alemaña 1988Non se clasificou Suecia 1992 Inglaterra 1996 Bélxica/P. Baixos 2000 Primeira fase 12° 3 1 0 2 2 5 Portugal 2004Non se clasificou Austria/Suíza 2008 Polonia/Ucraína 2012 Francia 2016 Cuartos de final 7° 5 3 0 2 9 5 Total - 14°124261320
Xogos Olímpicos
border|20px|Grecia Atenas 1896: Non houbo fútbol París 1900: 15px Medalla de Bronce border|20px|Estados Unidos San Luís 1904: Non se clasificou Londres 1908: Non se clasificou Estocolmo 1912: Non se clasificou Anveres 1920: 15px Medalla de Ouro París 1924: Oitavos de final Ámsterdan 1928: Cuartos de final border|20px|Estados Unidos Os Ánxeles 1932: Non houbo fútbol border|20px|Alemaña Berlín 1936: Non se clasificou Londres 1948: Non se clasificou Helsinqui 1952: Non se clasificou Melbourne 1956: Non se clasificou
Roma 1960: Non se clasificou Toquio 1964: Non se clasificou México 1968: Non se clasificou Múnic 1972: Non se clasificou Montreal 1976: Non se clasificou Moscova 1980: Non se clasificou Os Ánxeles 1984: Non se clasificou Seúl 1988: Non se clasificou Barcelona 1992: Non se clasificou Atlanta 1996: Non se clasificou Sidney 2000: Non se clasificou Atenas 2004: Non se clasificou Pequín 2008: Cuarto lugar
Xogadores
Máis partidos disputados Actualizado a 26 de marzo de 2018.Belgium - Record International Players
{| class="wikitable" cellpadding="3" style="text-align: center;" |- !width=50px|# !width=150px|Nome !width=150px|Anos !width=50px|Partidos |- |1° |style="text-align:left;"|'Jan Vertonghen |2007 – Presente|99 |- |2° |style="text-align:left;"|Jan Ceulemans |1977 – 1991 |96 |- |3° |style="text-align:left;"|Timmy Simons |2001 – 2013 |94 |- |4° |style="text-align:left;"|Axel Witsel |2008 – Presente |88
|rowspan="2"|5° |style="text-align:left;"|Eric Gerets |1975 – 1991 |86 |- |style="text-align:left;"|Franky Van der Elst |1984 – 1998 |86 |- |6° |style="text-align:left;"|Daniel Van Buyten |2001 – 2014 |85 |- |7° |style="text-align:left;"|Enzo Scifo |1984 – 1999 |84 |- |9° |style="text-align:left;"|Eden Hazard |2008 – Presente |83
|10° |style="text-align:left;"|Paul Van Himst |1960 – 1974 |81
|11° |style="text-align:left;"|Bart Goor |1999 – 2008 |78 |- |12° |style="text-align:left;"|Georges Grün |1984 – 1995 |77 |- |13° |style="text-align:left;"|Vincent Kompany |2004 – Presente |76 |- |14° | style="text-align:left;" |Toby Alderweireld|2009 – Presente |74 |- |15° | style="text-align:left;" | Mousa Dembélé |2006 – Presente |74
Máximos goleadores da selección miniatura|165px|Eric Gerets. Actualizado a 26 de marzo de 2018.
#NomeAnosGolesPartidos1Romelu Lukaku2010 – Presente33662 Bernard Voorhoof1928 – 194030613 Paul van Himst1960 – 197430814Marc Wilmots1990 – 200229705Joseph Mermans1945 – 195627566Robert de Veen1906 – 191326237Raymond Braine1925 – 193926548Wesley Sonck2001 – 201024549Marc Degryse1984 – 1996236310Jan Ceulemans1976 – 19912396
Destacados Porteiros Ronny Gaspercic Filip de Wilde Jean-Marie Pfaff Christian Piot Michel Preud'homme Dany VerlindenDefensores Philippe Albert Hugo Broos Leo Clijsters Eric Deflandre Stéphane Demol Éric Gerets Georges Grün Georges Heylens Walter Meeuws Michel Renquin Lorenzo Staelens Armand Swartenbroeks Joos Valgaeren Franky van der Elst Oscar VerbeeckCentrocampista Walter Baseggio Danny Boffin Jan Ceulemans Ludo Coeck Julien Cools Marc Emmers Victor Mees Vincenzo Scifo René Vandereycken Yves Vanderhaeghe Paul van Himst Wilfried van Moer Franky Vercauteren Sven Vermant Bruno Versavel Patrick Vervoort Johan Walem Marc Wilmots Atacantes''' Léopold Anoul Raymond Braine Nico Claesen Rik Coppens Alexandre Czerniatynski Gilles de Bilde Marc Degryse Robert De Veen Johan Devrindt Roger Henrotay Jef Jurion Raoul Lambert Dimitri Mbuyu Jef Mermans Luc Nilis Luis Oliveira Branko Strupar Erwin Vandenbergh Gert Verheyen Bernard Voorhoof Josip Weber
Adestradores miniatura|Roberto Martínez actual adestrador da selección A seguinte é unha lista dos adestradores da selección de Bélxica ao longo da historia:Archivo de Adestradores en RSSSF NomePeríodo William Maxwell<center>1910 – 1913 Charles Bunyan<center>1914 William Maxwell<center>1920 – 1928 Victor Löwenfelt<center>1928 – 1930 Hector Goetinck<center>1930 – 1934 Jules Turnauer<center>1935 Jack Butler<center>1935 – 1940 François Demol<center>1944 – 1946 Bill Gormlie<center>1947 – 1953 Dougall Livingstone<center>1953 – 1954 André Vandeweyer<center>1955 – 1957 Louis Nicolay<center>1957 Geza Toldi<center>1957 – 1958 Constant Vanden Stock<center>1958 – 1968 Raymond Goethals<center>1968 – 1976 Guy Thys<center>1976 – 1989 Walter Meeuws<center>1989 – 1990 Guy Thys<center>1990 – 1991 Paul Van Himst<center>1991 – 1996 Wilfried Van Moer<center>1996 Georges Leekens<center>1997 – 1999 Robert Waseige<center>1999 – 2002 Aimé Anthuenis<center>2002 – 2005 René Vandereycken<center>2006 – 2008 Franky Vercauteren<center>2009 Dick Advocaat<center>2009 – 2010 Georges Leekens<center>2010 – 2012 Marc Wilmots<center>2012 – 2016 Roberto Martínez<center>2016 – presente
Notas
Véxase tamén Outros artigos Real Federación Belga de Fútbol
Ligazóns externas
URBSFA/KBVB - Sitio web oficial URBSFA/KBVB - Páxina de estatísticas Arquivo dos Diaños Vermellos Arquivo de resultados dende 1904 Arquivo de adestradores dende 1904
Categoría:Fútbol en Bélxica