Os xirasoles cegos é unha coprodución galega de 2008, dirixida por José Luis Cuerda, baseada na novela homónima de Alberto Méndez. Foi rodada en lingua castelá en Ourense (entre outras localizacións) no verán de 2007, a súa estrea foi o 29 de agosto de 2008. Está protagonizada por Maribel Verdú e Javier Cámara, e no seu elenco figuran ademais actores galegos coma Martiño Rivas ou José Ángel Egido.

Sinopse Ambientada na posguerra, Os xirasoles cegos conta a historia de Elena (Maribel Verdú), nai dun fillo pequeno, Lorenzo (Roger Princep), e cuxa filla máis vella adolescente, Elenita (Irene Escolar), fuxiu embarazada co seu mozo Lalo (Martiño Rivas), perseguido pola policía.

Tamén o seu marido Ricardo (Javier Cámara) vive agochado, neste caso nun buraco no dormitorio da parella, de xeito que Salvador (Raúl Arévalo), un diácono que pensa en colgar os hábitos, pensa que é viúva, obsesiónase con ela e comeza a acosala.

Personaxes Maribel Verdú como Elena López Reinares Javier Cámara como Ricardo Mazo Torralba Raúl Arévalo como Salvador Roger Príncep como Lorenzo Mazo López Martiño Rivas como Eulalio 'Lalo' Peciña Irene Escolar como Elena Mazo López José Ángel Egido como reitor Ricardo de Barreiro como Fernández

Premios Optou a 15 premios Goya en 2008, pero só acadou un, o de guión adaptado, para José Luis Cuerda e Rafael Azcona.

Véxase tamén Outros artigos Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar Ligazóns externas Os Xirasois Cegos en AVG de Culturagalega.org Ficha en IMDb

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por José Luis Cuerda Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Ourense Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre a represión franquista Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego