O 14 de xuño é o 165º día do ano do calendario gregoriano e o 166º nos anos bisestos. Quedan 200 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1777 - O Congreso dos Estados Unidos adopta a bandeira do país. 1846 - California sepárase de México e tórnase unha república independente. 1895 - Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo asinan o primeiro Convenio de Schengen. 1900 - Hawai tórnase territorio dos Estados Unidos. 1913 - Fúndase o Real Racing Club de Santander. 1919 - John Alcock fai o primeiro voo transatlántico sen escalas. 1940 - No transcurso da segunda guerra mundial, o exército alemán entra en París. 1982 - En Balaídos ten lugar, por primeira vez en Galicia, un encontro dun Mundial de Fútbol (ITA-POL 0:0). 1982 - O exército arxentino ríndese ante os británicos, dando fin á Guerra das Malvinas, que comezara dous meses antes. 1987 - Sae á rúa o primeiro número do xornal Atlántico Diario. 2013 - O ICANN aproba o dominio .gal.

Nacementos miniatura|100px|Ernesto Che Guevara. 1736 - Charles-Augustin de Coulomb, físico e enxeñeiro militar francés (m. 1806). 1798 - František Palacký, historiador e político checo (m. 1876). 1852 - Carlos Basilio Ezeta, militar e político salvadoreño, foi presidente da república (m. 1903) 1864 - Alois Alzheimer, médico alemán (m. 1915). 1868 - Karl Landsteiner, biólogo austríaco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1943). 1870 - Sofía de Prusia, princesa de Prusia e Alemaña e raíña consorte de Grecia (m. 1932). 1895 - José Carlos Mariátegui, escritor, xornalista e filósofo peruano (m. 1930). 1899 - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, Premio Nobel de Literatura (m. 1972). 1903 - Alonzo Church, matemático estadounidense (m. 1995). 1904 - Margaret Bourke-White, fotógrafa estadounidense (m. 1971). 1918 - Maruja Pino Piñeiro, escritora galega (m. 2010). 1921 - Juan Antonio Graíño Amarelle, político e empresario, natural de Ponteceso (m. 1978). 1922 - Kevin Roche, arquitecto estadounidense de orixe irlandesa. 1928 - Ernesto Che Guevara, revolucionario cubano, nado na Arxentina (m.1968). 1929 - José Gea Escolano, relixioso católico español. 1945 - Jörg Immendorff, pintor e escultor alemán. 1946 - Donald Trump, empresario e presidente dos Estados Unidos de América. 1965 - Paco Lodeiro, músico, humorista e presentador de televisión galego. 1969 - MC Ren, rapeiro estadounidense. 1969 - Steffi Graf, tenista alemá, Premio Príncipe de Asturias dos Deportes en 1999. 1971 - Armando Requeixo, investigador, profesor e crítico literario galego. 1972 - Matthias Ettrich, informático alemán. 1977 - Sacha Giffa, baloncestista internacional francés que xogou no Leite Río Breogán.

Mortes miniatura|100px|Jorge Luis Borges. miniatura|100px|Ricardo Núñez Lissarrague. 1837 - Giacomo Leopardi, poeta italiano (n. 1798). 1909 - Afonso Pena, presidente do Brasil (n. 1847). 1920 - Max Weber, sociólogo alemán (n. 1864). 1926 - Mary Cassatt, pintora e gravadora estadounidense (n. 1844). 1927 - Jerome K. Jerome, escritor inglés (n. 1859). 1928 - Emmeline Pankhurst, unha das fundadoras do movemento sufraxista británico (n. 1858). 1936 - Gilbert Keith Chesterton, escritor inglés (n. 1874). 1940 - Indalecio Varela Lenzano, musicólogo e crítico musical galego (n. 1856). 1946 - John Logie Baird, enxeñeiro escocés, un dos pioneiros da televisión (n. 1888). 1968 - Salvatore Quasimodo, escritor italiano, Premio Nobel de Literatura (n. 1901). 1986 - Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899) 1994 - Henry Mancini, compositor estadounidense (n. 1924). 1995 - Rory Gallagher, guitarrista irlandés, considerado un dos mellores da historia (n. 1948). 1998 - Ricardo Núñez Lissarrague, actor e director de cine betanceiro (n. 1904). 2004 - Juan Mari Mujika, futbolista vasco que xogou no Deportivo (n. 1963). 2007 - Kurt Waldheim, exsecretario xeral das Nacións Unidas (n. 1918). 2014 - María Wonenburger, matemática galega (n. 1927).

Festas e celebracións Día Mundial do Doador de Sangue. Día Nacional da Lingua de Signos.La Voz de Galicia: "La Voz de la Escuela", 9.06.2021

Outros

Listaref

Os 366 días do ano

Categoría:Xuño