dereita|miniatura|200px|Tiy xunto a Amenhotep III. Fragmento. Museo do Louvre Tiy, nada c. 1400 a.C. e finada c. 1340 a.C. "Tiy." Encyclopaedia Britannica. , 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2014 foi unha raíña exipcia, esposa de Amenhotep III, da dinastía XVIII, e unha das mulleres máis carismáticas da historia exipcia.
Orixe Ao contrario que todas as súas predecesoras, as Grandes Esposas Reais, Tiy non era de liñaxe real, o seu pai, Yuya, procedente de Akhmin era un oficial de alto rango na corte real, obstentando entre outros títulos o de xefe de carros de guerra do faraón, e podería ser de orixe estranxeiraO'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.5, mentres que a súa nai, Tuya, era unha alta sacerdotisa do palacio.
Reinado dereita|miniatura|200px|Baixorrelevo de Tiy. Mº Berlín Tiy casou con Amenhotep III logo de este acceder ao trono, aínda os dous nenos. Tiy gozou dun papel prominente, foi a primeiraO'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.6 raíña consorte exipcia en aparecer regularmente á beira do faraón en estatuas, relevos, estelas, vasillas, ourivaría en todos os monumentos construídos polo seu marido, e o seu nome foi o primeiro dunha raíña en quedar rexistrado en actos oficiaisTyldesley, Joyce (2006). Chronicle of the Queens of Egypt. London: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-05145-0, p. 118. Do seu matrimonio naceron cando menos seis fillos, entre eles Akhenatón; dúas das súas fillas, Sitamón e Isis levaron o título de Grande Esposa Real na última década do reinado de Amenhopted, o que aumentaba o status da propia TiyO'Connor, David e Cline, Eric (2006) Amenhotep: Perspectives on his Reign, University of Michigan, 1998, p.7 e outras dúas fillas tiñan tamén o título de esposas realBryan, Betsy M. The 18th Dinasty before the Amarna Period (c.1550-1352) in Ian Shaw (2004) The Oxford history of Ancient Egypt. Oxford University Press: London, pp.259-260. Sobreviviu ao seu home doce anos e seguiu a manter un papel importante durante a primeira parte do reinado do seu fillo AkhenatónSilverman, David P., Wegner, Josef William e Wegner, Jennifer Houser (2006)Akhenaten and Tutankhamun: Revolution and Restoration UPenn Museum of Archaeology, p.128 dereita|miniatura|180px|Vasija cos nomes de Amenhotep III e Tiy
Tumba
É posible que Tiy recibira sepultura orixinalmente na tumba real de Akhenatón en Amarna, xa que se atoparon os restos dun sarcófago seu nesa tumba; non obstante a súa cámara funeraria atopouse en KV55 e aínda ushabtis (figuras funarias) seus na tumba WV22 de Amenhotep III.Dodson, Aidan; Hilton, Dyan (2004). The Complete Royal Families of Ancient Egypt. London: Thames & Hudson. ISBN 978-0-500-05128-3., p. 157
Finalmente en 1898 os seus restos momificados atopounos Victor Loret xunto a outras dúas momias nunha cámara no lado oposto da de Amenhotep II na tumba KV35. As outras momias eran un rapaz de aproximadamente dez anos, e unha muller nova. Os tres estaban xuntos, nunha pequena antecámara da tumba, danados pola acción de antigos ladróns de tumbas Os investigadores non foron quen de identificar os restos, e á máis vella recibiu o nome de “A vella dama” e non foi ata o ano 2010 cando unha análise de ADN confirmou que correspondía coa raíña Tiy.Hawass, Zahi et al. "Ancestry and Pathology in King Tutankhamun's Family" The Journal of the American Medical Association pp.640-641
Notas
Véxase tamén As Raíñas de Amarna
Categoría:Antigo Exipto Categoría:Décimo oitava dinastía de Exipto Categoría:Grandes Esposas Reais