O Pico Basilé (antigo Pico de Santa Isabel) é un volcán e a maior montaña da illa de Bioko, e ao tempo de Guinea Ecuatorial, país do que forma parte, cunha altura de 3.011 m.s.n.m..

Xeoloxía O Basilé é o cume máis alto dos tres volcáns de escudo basálticos que conforman a illa de Bioko. Desde a súa cima é visíbel a nordeste o Monte Camerún.

A illa de Bioko formouse na liña do Camerún, unha grande falla xeolóxica disposta desde o océano Atlántico até Camerún e de aí até o Chad. Na liña inclúense outras illas volcánicas do golfo de Guinea, como Annobón, Príncipe e San Tomé, e, por suposto, o macizo volcánico do monte Camerún.

Erupcións Os rexistros de erupcións son pouco claros, aínda que se sabe que durante o XIX hóuboas. A última ben rexistrada corresponde a 1923.

Accesibilidade O acceso até as inmediacións da cima está facilitado por unha estrada estatal.

Véxase tamén Outros artigos Liña do Camerún Monte Camerún

Categoría:Montañas de Guinea Ecuatorial Categoría:Volcáns de Guinea Ecuatorial