O 25 de xuño é o 176º día do ano do calendario gregoriano e o 177º nos anos bisestos. Quedan 189 días para finalizar o ano.

Acontecementos 841 - Batalla de Fontenay 1287 - Rodrigo Gómez de Neda, da nobreza galega, outorga en Montpellier testamento onde di ter cometido asoballamentos en Galicia e manda facer restitucións 1788 - O estado de Virxinia ratifica a Constitución dos Estados Unidos de América e é admitido coma a décimo estado da Federación. 1870 - A raíña Isabel II de España abdica do trono español. 1876 - Batalla de Little Big Horn e morte do xeneral George Armstrong Custer. 1938 - O doutor Douglas Hyde é elixido o primeiro presidente da República de Irlanda. 1945 - Seán T. O'Kelly é elixido o segundo presidente da República de Irlanda. 1950 - Comezo da guerra de Corea. 1959 - Éamon de Valera é elixido o terceiro presidente da República de Irlanda. 1967 - Primeiro programa dunha cadea de televisión por satélite: "Our World" 1971 - Inaugúrase en Santiago de Compostela o Instituto da Lingua Galega. 1973 - Erskine Hamilton Childers é elixido o cuarto presidente da República de Irlanda. 1975 - Mozambique consegue a independencia de Portugal. 1976 - Concerto de Benedicto e Bibiano no Pavillón dos Deportes da Coruña. 1982 - Grecia deroga o rapado de cabezas para os recrutas do servizo militar. 1982 - Israel: o premio Nobel da Paz, Menachem Begin, pronuncia o seu famoso discurso onde afirma que "os palestinos non son seres humanos, son bestas que camiñan a dúas patas". 1991 - Croacia e Eslovenia declaran a súa independencia de Iugoslavia. 1993 - Kim Campbell é escollida cabeza de lista do Partido Conservador Progresista do Canadá e convértese na primeira muller que é Primeiro Ministro do Canadá. 1996 - O bombardeo das Torres Khobar deixa 19 obreiros estadounidenses mortos en Arabia Saudita. 1998 - Microsoft lanza o Windows 98. 1998 - No caso xudicial contra Bill Clinton, a Corte Suprema dos Estados Unidos de América resolve que a Lei de Veto de 1996 é inconstitucional.

Nacementos miniatura|100px|George Orwell. 1441 - Federico I Gonzaga terceiro marqués de Mantova (m. 1484). 1852 - Antoni Gaudí, arquitecto español (m. 1926). 1858 - Georges Courteline, actor (m. 1929). 1864 - Walther Hermann Nernst, físico e químico alemán, premio Nobel de Química en 1920 (m. 1941). 1865 - Robert Henri, pintor (m. 1929). 1884 - Henry Kahnweiler, mecenas da arte en Montparnasse (m. 1979). 1887 - George Abbott, dramaturgo, produtor, director e actor (m. 1995). 1894 - Hermann Oberth, físico (m. 1989). 1900 - Louis Mountbatten, primeiro Duque e Vizconde Mountbatten de Birmania e Baron Romsey (m. 1979). 1903 - George Orwell, escritor (m. 1950). 1915 - Peter Lind Hayes, actor (m. 1998). 1924 - Sidney Lumet, actor e director de cine (m. 2011). 1925 - June Lockhart, actriz (de "Lassie"). 1926 - Ingeborg Bachmann, escritora austríaca (m. 1973). 1932 - Peter Blake, artista. 1933 - James Meredith, activista dos dereitos civís. 1940 - Mary Beth Peil, cantante de ópera e actriz dos Estados Unidos de América. 1945 - Carly Simon, cantante. 1955 - Terry Chimes, músico. 1956 - Boris Trajkovski, presidente da Macedonia do Norte (m. 2004). 1963 - George Michael, cantante (m. 2016). 1966 - Dikembe Mutombo, xogador de baloncesto. 1970 - Lucy Benjamin, actriz británica. 1972 - Carlos Delgado, xogador de béisbol. 1974 - Karisma Kapoor, actriz da India. 1975 - Albert Costa, xogador español de tenis. 1975 - Vladímir Krámnik, xadrecista ruso. 1985 - Hanna Perez Moza, cantante de México, (Ha*Ash). 1987 - Daria Kosińska, historiadora polaca.

Mortes miniatura|100px|Ana María Matute. miniatura|100px|E.T.A. Hoffmann. 1579 - Hatano Hideharu, samurai xaponés (n. 1541). 1634 - John Marston, dramaturgo. 1665 - Arquiduque Sigmund Francis de Austria, rexente do Tirol. 1767 - Georg Philipp Telemann, compositor musical. 1822 - E.T.A. Hoffmann, compositor musical. 1861 - Abd-ul-Mejid, sultán otomán. 1884 - Hans Rott, compositor musical. 1916 - Thomas Eakins, artista. 1937 - Colin Clive, actor británico (n. 1900). 1948 - Virxilio Blanco, pintor galego (n. 1896). 1971 - Placeres Castellanos, mestra antifascista galega (n. 1896). 1976 - Johnny Mercer, compositor musical. 1984 - Michel Foucault, filósofo francés. 1985 - Leandro Pita Romero, político, diplomático e xornalista galego (m. 1898). 1988 - Hillel Slovak, guitarrista. 1992 - James Frazer Stirling, arquitecto británico. 1992 - Yoshiko Uchida, escritor xaponés-estadounidense. 1995 - Warren Burger, xuíz do Tribunal Supremo dos Estados Unidos de América. 1997 - Jacques-Yves Cousteau, explorador, científico e inventor. 2003 - Lester Maddox, gobernador segregacionista do estado de Xeorxia. 2009 - Michael Jackson, cantante estadounidense (n. 1958). 2011 - Annie Easley, científica espacial afroamericana (n. 1933) 2014 - Ana María Matute, novelista española (n. 1925). 2015 - Narsés Pedro XIX Tarmowni, 19º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia (n. 1940).

Festas e celebracións Festa nacional en Eslovenia Día da Independencia de Mozambique Antinadal celebrado por algúns satánicos Día nacional do siluro nos Estados Unidos de AméricaProclamation 5672 — Text of Reagan's speech

Outros Santoral: Santa Orosia, San Guillerme

Os 366 días do ano

Notas

Categoría:Xuño