thumb|left|Centro de San Pedro Sula, a segunda cidade hondureña en poboación. Honduras, o segundo país máis pobre da América Central e un dos máis pobres do Occidente, sofre cunha distribución de renda moi desigual e con elevado desemprego. Historicamente depende do cultivo de banana e café, nos últimos anos as súas exportacións diversificáronse e inclúen roupas e cables eléctricos para automóbiles. Metade da economía do país depende dos Estados Unidos, sendo 30% do PIB orixinario das exportacións, e 20% do envío de diñeiro por hondureños residentes naquel país.

Malia os altos niveis de desemprego e inflación a economía hondureña demostrou un crecemento sostido anual dun 5%. Coa firma do Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos de América, Centro América e a República Dominicana (CAFTA), e máis recentemente o Canadá, espérase moito máis investimento estranxeira e maior crecemento económico.

Os principais produtos de exportación hondureños son o café, téxtiles, camaróns, bananas, aceite de palma africana, ouro, froitas e madeira. O goberno leva a cabo proxectos para promover e expandir o sector industrial, diversificar a agricultura, mellorar os medios de transporte e desenvolver proxectos hidroeléctricos. Na década pasada, Honduras converteuse no terceiro maior exportador de téxtiles aos Estados Unidos logo da República Popular da China e México. Un gran porcentaxe das exportacións hondureñas son dirixidas aos Estados Unidos, o cal é o seu principal socio comercial.

Notas